MELLORA DA SEGURIDADE E CONDICIÓNS DE TRABALLO NA LONXA DE CARRIL (CARRETILLA ELÉCTRICA). EXPEDIENTE PE209G-2023/55.

Enviado por cofradia o Mar, 08/08/2023 - 14:39

A Confraría de Pescadores "Santiago Apóstol" de Carril está a executar o proxecto colectivo para a "Mellora da seguridade e condición de traballo na Lonxa de Carril (Carretilla Eléctrica)"  co obxectivo de mellorar da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade, control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca. PE209G-2023/55.

Este proxecto está financiado pola Unión Europea no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020), para o fomento da competitividade e a viabilidade das empresas do sector da pesca mediante a modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venta dos produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque.