Modernización do Edificio da Lonxa de Carril mediante obras de Adecuación da Cuberta. Expediente: PE209G-2022/42

Enviado por cofradia o Lun, 21/11/2022 - 10:53

A Confraría de Pescadores "Santiago Apostol" de Carril está a executar o proxecto colectivo para a "Modernización do Edificio da Lonxa de Carril mediante obras de Adecuación da Cuberta"  co obxectivo de mellorar da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca. PE209G-2022/42.

Este proxecto está financiado pola Unión Europea no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020), para o fomento da competitividade e a viabilidade das empresas do sector da pesca mediante a modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venta dos produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque.