PRESENTACIÓN E DEGUSTACIÓN DAS XORNADAS DA AMEIXA

PRESENTACIÓN E DEGUSTACIÓN DAS XORNADAS DA AMEIXA

 

DEGUSTACIÓN DE AMEIXAS NA LONXA O DÍA 15/10/2021 ÁS 18:30 HORAS

O vindeiro venres día 15 de outubro de 2021 ás 18.30 horas, terá lugar a cuarta das xornadas de promoción das diferentes "ameixas" do Golfo Ártabro, que terá lugar na sede da Confraría de Pescadores de Ferrol (Peirao de Curuxeiras, s/n. Ferrol (A Coruña)), e que inclúe as seguintes actuacións: Xornadas técnicas das diferentes ameixas nas confrarías de pescadores, cunha degustación do produto. Presentación da Exposición itinerante e do catálogo online coas diferentes ameixas.

Esta actividade está incluída dentro das actividades de animación do GALP Golfo Ártabro Norte nesta anualidade 2021, e ten como un dos obxectivos dar maior visibilidade e recoñecemento ao traballo das seis confrarías de pescadores deste ámbito territorial (Miño; Pontedeume; Ares; Mugardos; Barallobre e Ferrol), así como o apoio e promoción do seu produto. Tamén, preténdese potenciar a implicación do tecido social, económico-empresarial, do sector do mar e da administración local no desenvolvemento da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa deste GALP.

Gustaríanos convidalo a participar nesta xornada en FERROL, da que por motivos organizativos agradeceríamos nos confirmaran a súa asistencia aos teléfonos 981 784 417 e 636 736 788 ou ben a través deste mesmo correo electrónico gal.mar.golfoartabronorte@xunta.gal

Un cordial saúdo

José Manuel Fernández Lage

Presidente

GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE

Rúa Curro, 33 - 15630 Miño

Tlfno. 981 784 417 / 636 736 788

Web: https://galp.xunta.gal/

Blog: http://galpgolfoartabronorte.blogspot.com.es/