“Proxecto para a conservación e protección dos recursos mariños vivos e os seus ecosistemas da Confraría de Mugardos para os anos 2020/2021” (PE209C-2020F-052)

“Proxecto para a conservación e protección dos recursos mariños vivos e os seus ecosistemas da Confraría de Mugardos para os anos 2020/2021” (PE209C-2020F-052)

 

A Consellería do Mar concedeu á Confraria de Mugardos unha axuda, financiada nun 75% polo FEMP, para a realización de proxectos colectivos que contribuan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión  e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas:

PE209C-2020F-052. "Proxecto para a conservación e protección dos recusos mariños vivos e os seus ecosistemas da Confraría de Mugardos para os anos 2020/2021".

Importe total concedido: 52.416 €

Prazo: Dende o 1 de xullo de 2020 ata o 30 de xuño de 2021

 

Obxecto da operación:

a) Elaboración e seguimento dos plans de co-xestión de recursos mariños vivos. Avaliacion do estado de conservación e da biodiversidade nos paraxes de Natura 2000, nas zonas mariñas protexidas e nos hábitats costeiros de importancia para os organismos mariños.

b) Optimización e seguimento dunha correcta xestión dos recursos biolóxicos mariños. Análise dos descritores definidos na Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña. Cartografado dos hábitats e das especies, especialmente das exóticas invasoras. Seguimento e vixiancia dos hábitats e das especies. Cartografado da actividade extractiva realizada polos socios da entidade. Seguimento de indicadores de abundancia, da composición específica das capturas e da súa estrutura de tamaños.

c) Formación dos/as mariscadores/as orientada a adquirir novas competencias vinculadas a unha mellor xestión e conservación dos recursos mariños vivos e dos ecosistemas en que viven.

d) Aumento da sensibilización ambiental coa participación directa dos/as mariscadores/as, podendo incluir campañas de divulgación.

e) Contribución á vixiancia epidemiolóxica: envío de mostras ao Intecmar para coñecer o estado sanitario das augas e especies marisqueiras.

f) Operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies, que se levarán a cabo establecendo condicións de acceso ás zonas de marisqueo.