Mellora de comercialización da ostra rizada e das tarefas de mantemento dos bancos da confraría de Mugardos

Enviado por Cofradia el Mar, 28/10/2025 - 18:05
Equipamento adquirido colocado no vehículo marisqueiro da entidade.
Neste mes de outubro foi rematada a execución do proxecto “Mellora da Comercialización da Ostra Rizada e das Tarefas de Mantemento dos Bancos da Confraría de Mugardos” mediante o cal foi adquirido un remolque para o vehículo marisqueiro multifuncional da entidade.
O emprego deste novo equipamento facilitará as tarefas de extracción de ostra rizada ao poder efectuar o transporte dos lotes da especie de xeito mecanizado en lugar de facelo a man. Ademáis, o remolque usarase na realización doutras tarefas de mantemento dos bancos que esixan o transporte de cargas pesadas.
O proxecto foi financiado nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) en nun 30% pola Consellería do Mar (Xunta de Galicia).