Proxecto para a conservación e protección dos recursos mariños vivos e dos seus ecosistemas da confraría de Mugardos para os anos 2023-2024

Proxecto para a conservación e protección dos recursos mariños vivos e dos seus ecosistemas da confraría de Mugardos para os anos 2023-2024

 

O día 28 de decembro foi aprobado o “Proxecto para a conservación e restauración dos recursos mariños vivos e os seus ecosistemas da confraría de Mugardos para os anos 2023-2024" (PE209P). A finalidade do mesmo é a de contribuir á recuperación e mantemento da saúde dos ecosistemas nos que se desenvolven os plans de explotación da entidade.

Esta concesión permitirá contratar a dous gardapescas para que leven a cabo un control das zonas xestionadas pola confraría e velen porque o marisco sexa extraído por persoal autorizado para facelo, ademáis de que se cumpran as medidas mínimas e topes de extracción establecidos para cada especie.

Por outra parte, tamén será posible seguir contando cunha asistencia técnica, a cal se encargará, entre outras tarefas, de realizar mostraxes nos bancos explotados para garantir unha extracción sostible e evaluar a saúde dos ecosistemas, ademáis de levar a cabo a elaboración e execución de proxectos, coma por exemplo tarefas de rexeneración no caso de ser necesario.

Para levar a cabo este proxecto, foi concedido un importe de 65.314,88 €, financiados nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura (FEMPA) en un 30% pola Comunidade Autónoma.