Noticias
Que vista a convocatoria de paro xeral para a frota artesanal e marisqueo, convocado pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores para o VENRES 14 DE MAIO, en sinal de rexeitamento ás imposicións do Novo Regulamento de Control da Unión Europea, escoitado o sector, acórdase secundar dita convocatoria de paro. Por conseguinte, dita frota e mailo marisqueo permanecerán en porto ese día, facendo unha concentración ás 12:00 horas en sinal de protesta a fin de visualizar a afectación que todas estas medidas terán nos nosos buques.
Polo anteriormente exposto, comunicamos:
1.- Organizador: CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS.
2.- Lugar, data e duración prevista: Peirao Sur do Porto fronte a Lonxa, ás 12:00 horas, cunha duración aproximada de unha hora.
3.- Obxecto da mesma: Concentración de protesta.
4.- Itinerario proxectado: Non está prevista ningunha marcha polas vías públicas. En todo caso, tan só desprazamento e concentración de embarcacións fronte ao peirao da lonxa, facendo a ruta: pantalán de atraque-peirao da lonxa-pantalán de atraque.
5.- Medidas de seguridade: Persoal da propia confraría.
JOSE ANTONIO RAMA SUÁREZ, como Secretario de los órganos de Gobierno de la Cofradía de Pescadores de Muros,
INFORMO:
Que a Asemblea da Agrupación de Marisqueo a Frote celebrada con data 24.03.2021, ante a apertura da campaña marisqueira dentro do Plan de Marisqueo a Frote en Autorizacións nas praias de Virxe do Camiño e Abelleira, acordou as seguintes normas de OBRIGADO CUMPRIMENTO:
|
LUNS DÍA 5 de Abril |
|
|
De 8:00 a 11:00. Non podendo fondear nos bancos antes das 07:30 horas, respectando as boias. |
|
|
|
|
|
|
k/Trp. Talla minima A. Babosa:... 3. 38 mm. Ameixón.......5 70 mm. A. Roxa.........5 40 mm. Berberecho..5 25mm. Cornicha.......5 25 mm. |
k/Trp. Talla minima A. Fina:..........2 40 mm. A. Xapónica..2 35 mm. A. Bruxa........3 25 mm. Carneiro........5 50 mm.
|
|
|
|
|
|
Lonxa de MUROS |
|
Aos efectos oportunos, expido e asino o presente informe en Muros, a vinte e cinco de marzo de dous mil vinte e un.
Asdo: José Antonio Rama Suárez.-