DIVULGACIÓN “PROXECTO COLECTIVO DE XESTIÓN DOS RECURSOS MARISQUEIROS”.
Ao abeiro da ORDE do 2 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable (código de procedemento PE209P), a Confraría de Muros presentou o proxecto denominado “PRODECTO COLECTIVO DE XESTIÓN DOS RECURSOS MARISQUEIROS”.
O proxecto foi aprobado a través da resolución PE209P-2024/00040 e tenunha vixencia que abrangue dende o1 de xullo de 2024 ata o 30 de xuño de 2025.
Este proxecto foi concedido por un importe de 96.977,99 € cofinanciado nun70% con fondos FEMP e nun 30% pola Comunidade Autónoma de Galicia, para a contratación dunha asistencia técnica e de catro gardapescas marítimos, así como para a adquisición dun visor monocular nocturno .
Xornada informativa de divulgación do proxecto Procedemento PE209P
|
CONVOCATORIA: ANO 2024 |
|
ENTIDADE/ENTIDADES BENEFICIARIAS: CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS |
|
EXPEDIENTE: PE209P-2024/00040 |
|
NOMEDO PROXECTO: PROXECTO COLECTIVO DE XESTIÓN DOS RECURSOS MARISQUEIROS |
|
PERSOA RESPONSABLE DA XORNADA: MARIA BAÚLO SANTOS |
|
DATA DA CELEBRACIÓN DA XORNADA DE DIVULGACIÓN: 2 de xuño de 2025 |
|
RESPONSABLE LEGAL: MANUEL DANIEL FORMOSO MOLEDO |
|
CARGO: PATRÓN MAIOR |
Os principais obxectivos deste proxecto son: o fomento de unha mellor co-xestión dos recursos e hábitats costeiros de importancia para a produción e reproducción dos organismos mariños dun xeito responsáble, equilibrado e sustentable, a recuperación na medida do posible das zonas de produción e polo tanto de todo o entorno mariño, a mellora da calidade de vida dos mariscadores e mariscadoras e un maior coñecemento e concienciación ambiental do entorno no que traballan. Seguimento do esta do ambiental do ecosistema mariño a través das especies conspicuas e das alóctonas.
Coma obxectivos específicos do proxecto:
- Asesoramento técnico á xestión; vixilancia e control do acceso aos recursos mariños.
- Mellora das condicións ambientais dos habitas costeiros.
- Concienciación do sector da importancia de realizar o seu traballo de maneira sustentable.
- Concienciación do sector da importancia de protexer e potenciar os habitas costeiros.
- Diversificación dos recursos a extraer, atendendo a épocas de maior demanda.
- Recompilación de datos tanto de captura como da situación dos bancos e dos stocks de cada unha das especies comerciais.
- Recompilación de datos de especies non comerciais conspícuas e alóctonas en aplicación dos descritores definidos pola directiva marco para describir o bo estado medio ambiental das zonas.
- Formación de socios.
- Mellora na comercialización.
- Loita contra a contaminación.
ACTIVIDADES REALIZADAS POLA ASISTENCIA TÉCNICA 2024-2025
- Mostraxe dos bancos marisqueiros da área da entidade, cunha periocidade como mínimo semestral, de acordo coa importancia do banco, nivel de datos disponibles, etc., salvo outra periodicidade requirida pola Administración.
- Mostraxes menos formais e máis frecuentes en bancos marisqueiros, atendendo principalmente á proporción de individuos de talla legal na poboación e ao tamaño medio dos exemplares.
- Mostraxes puntuais no caso de episodios de mortalidade nos bancos marisqueiros.
- Tratamento das mostras obtidas, densidades por especie e estación de mostraxe, a partir de esta obtemos a densidade media do banco (intervalo de confianza o 95%). Talla de cada un dos individuos recollidos durante as mostraxes, histogramas de tallas, relación talla-peso. Obtención do máximo rendemento en kg por especie e banco. (Ferramenta informática AROUSA).
- Cálculo do índice de condición do ourizo de mar, nos meses que extraen para a venda.
- Remisión de informes das mostraxes aos servizos técnicos do departamento territorial correspondente da Consellería do Mar (un mínimo de dous informes anuais cada 6 meses). Subida dos datos a ftp do INTECMAR.
- Asesoramento á entidade para a explotación racional do recurso.
- Reunións cos diferentes sectores para informar do estado do recurso, aconsellar períodos de aperturas, posibles peches de zonas, acordar topes…...,
- Información e formación dos mariscadores e mariscadoras no coñecemento do medio no que traballan e respecto ambiental.
- Elaboración, xestión técnica e seguimento dos plans de explotación da entidade.
- Obtención da CPUE diaria de cada especie, a partir dos datos diarios do número de mariscadores e da captura total de cada especie-recurso para ter unha estimación indirecta do estado dos bancos.
- Remisión mensual dos cadros de captura (CPUE) ao departamento territorial para as aperturas mensuais. Subida dos datos a ftp do INTECMAR.
- Toma de tallas dos exemplares capturados nos puntos de control e lonxa.
- Recollida e envío de mostras de bivalvos solicitados por o Intecmar.
- De ser necesario se poderán coordinar outros proxectos Femp.
- Presenza nos puntos de control. Control de horarios e capturas dos plans de explotación en Autorizacións, recursos específicos e plans de explotación en Libre marisqueo.
ACTIVIDADES REALIZADAS POLO SERVIZO DE VIXILANCIA 2024-2025
- Vixilancia dos bancos marisqueiros do ámbito territorial da Confraría ,tanto a nivel de furtivismo como de posibles vertidos contaminantes.
- Participación no plan de “nasas de polbo”, punto de control de capturas.
- Formulación de denuncias por infraccións, tramitadas a través da Consellería do Mar.
- Control das mariscadoras que se dedican a mexilla así baixo estrito cumprimento dos convenios asinados cos bateeiros.
- Axuda a asistencia técnica na recollida de mostras.