“PROXECTO DE REMOCIÓN DE SUSTRATO E SEMENTEIRA DE AMEIXA BABOSA NO BANCO A FLOTE DA PRAIA DA VIRXE”.

“PROXECTO DE REMOCIÓN DE SUSTRATO E SEMENTEIRA DE AMEIXA BABOSA NO BANCO A FLOTE DA PRAIA DA VIRXE”.

 

AXUDA PARA REMOCIÓN DE SUSTRATO E SEMENTEIRA DE AMEIXA BABOSA NO BANCO A FLOTE DA PRAIA DA VIRXE”.

CONFRARIA DE PESCADORES DE MUROS


Ao abeiro da ORDE de 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria do ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209H) (DOG núm. 19 do 27-01-2023), a CONSELLERÍA DO MAR DA XUNTA DE GALICIA resolve conceder á CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS a axuda solicitada para proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños, á entidade e cos detalles que se indican á continuación:

Concepto Importe: Adquisición de 800.000 uds de semente de ameixa babosa 12-15 mm

Importe concedido 13.600,00 €

Condición:
- Debe realizar acondicionamento previo do sustrato
- Debe realizar un control ao mes da sementeira e un seguimento en primavera e outono, conforme ás indicacións que lle impartirá o biólogo de zona
.