Esta Confraria ven a ser beneficiaria dos fondos FEMPA (Fondo Europeo de Marítimo de Pesca e Acuicultura) 2021-2027; cunha resolución aprobada pola Conselleria do Mar, cunha axuda ao abeiro da extratexía de Desenvolvemento local participativo aprobado ao Galp 7. Ría de Vigo-A Guarda, ao proxecto A Guarda, Mar de Mar, a través do procedemento PE155A, co número de expediente: PE155A-2025-00063.
Este proxecto é anual polo que se vai a desenvolver no ano 2025, cunha inversión de 31.933,64 €uros.
O importe da subvención ascende a 31.933,64 €uros, dos que o 70% (22.353,55 €uros) son de fondos FEMPA e o 30% (9.580,09 €uros) a Comunidade Autónoma de Galicia.
O importe subvencionado son 31.933,64 €uros, este proxecto está subvencionado o 100%.
O proxecto A GUARDA, MAR DE MARCA consta de mellorar a comercialización e incrementar as vendas, facilitando o acceso a mercados de maior valor engadido. Dotar á Confraría dun elemento de transporte, incorporando un vehículo sustentable que reduza a pegada de carbono. Garantir unha maior transparencia e seguridade alimentaria empregando un furgón isotermo axeitado, garantindo a conservación óptima ata a venda final. Axudar á consolidación dos postos de traballo da Confraría e do sector pesqueiro local, contribuíndo á estabilidade económica da comunidade. Contribuír á redución da diferenza entre o prezo de orixe e o prezo final, beneficiando tanto aos produtores como aos consumidores e promovendo un modelo máis xusto de comercialización. Fomentar o consumo local e promoción do comercio de proximidade, e sostibilidade na cadea de subministración. Seguir avanzando na introdución de prácticas sostibles na cadea de valor marítimo-pesqueira, asegurando a viabilidade a longo prazo destas actividades.