Listado de proyectos
Proyectos
Proxectos
Xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas para a protección e recuperación da Biodiversidade en zonas de especial interese para a cría de organismos mariños no ámbito territorial da Confraría de A Guarda
22 Diciembre 2021
A confraría de Pescadores "Santa Tecla" de A Guarda (Pontevedra) está a desenvolver, dende o 1 de xullo de 2021 e ata o 30 de xuño de 2023, un proxecto de xestión e conservación dos recursos mariños e os seus ecosistemas, financiado polos fondos FEMP nun 75% e tramitado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento pesqueiro. O obxectivo do proxecto é desenvolver unha actividade pesqueira sostible no tempo, responsable co medio mariño e a súa biodiversidade e mellorar as condicións de vida de traballo dos profesionais do mar, mediante accións de xestión e salvagarda.
CONDICIÓNS DE TRABALLO POLA COVID-19
1 Diciembre 2021
Neste proxecto fixeronse varias inversións englobadas no mesmo expediente de axudas, e que a continuación relacionamos: Sensores de luz: Instalación de sensores de luz para que os usuarios non teñan contacta cos pulsadores evitando posibles infeccións por contacto. Vallas separación: Adquisición de vallas para delimitar espacios na zona da subasta na lonxa, e procurar manter a separación entre persoas e os productos expostos. Purificador de aire: Coa adquisición deste dispositivo, garantizase a limpeza do aire nas instalacións tanto da lonxa como da Confraria. Dosificadores xel/hidroalcohólicos: Instalación de dosificadores automáticos de xel hidroalcohólico en zonas de entrada e saída das nosas instalacións. Lavamáns con pedal: Compra de dous lavamáns para instalar na zona da lonxa para que usuarios/persoal laven as mans durante as tarefas. Con estas intervencións concedidas para evitar a propagación da COVID-19, trataremos de ter o menos contacto posible en zonas comúns reducindo os contactos e posibles contaxios Esta obra foi subvencionada por un total de 4112,31 €uros, dos que 3084,23 €uros son con Fondos FEMP (75%) e a Comunidade Autónoma de Galicia (25%): 1028,08 €uros
CAMARA DE CONSERVACIÓN DE PRODUCTO REFRIXERADO
30 Noviembre 2021
Instalación dunha cámara de fresco refrixerada na zona de multiusos,para ter os productos que se venden na lonxa en temperatura idónea para manter a frescura. A interverción consta de dotar de aislamento a cámara, así como toda a maquinaria necesaria para o seu correcto funcionamento. Esta obra foi subvencionada por un total de 32500 €uros, dos que 24375 €uros son con Fondos FEMP (75%) e a Comunidade Autónoma de Galicia (25%): 8125 €uros
ACONDICIONAMENTO DE PAREDES NA LONXA
29 Noviembre 2021
Alicatar a zona comprendida entre a oficiña da lonxa e a zona de cámaras (fresco e conxelado), con esta intervención solucionase o desconchados de pintura que estábamos a padecer debido as humedades que existen nesa zona A interverción consta de alicatar todas as paredes da zona con azulexo branco de 15x15, con rexuntado de epoxi especial para este tipo de ambientes. Esta obra foi subvencionada con Fondos FEMP (75%) por 2956,26 € e a Comunidade Autónoma de Galicia (25%): 985,42 €
Proxecto de xestión e conservación dos recursos mariños
17 Noviembre 2020
"A Confraria de Pescadores "Santa Tecla" de A Guarda, está a desenvolver durante o periodo comprendido dende o 1 de xullo do 2020 e ata o 30 de xuño do 2021 o proxecto cofinanciado polo fondos FEMP nun 75%, e que foi tramitado a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Conselleria do Mar. O nome do proxecto é o seguinte: "Xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas para a protección e recuperación da biodiversidades en zona de especial interese para a cria de órganismos mariños no ámbito territorial da Confraria de A Guarda (Pontevedra)"
FONDOS UNIÓN EUROPEA
8 Junio 2020
PROXECTO MODERNIZACIÓN DE INFRAESTRUCTURAS. CONFRARIA "SANTA TEGRA" A GUARDA.PE209D/2018