Noticias
Estimados, estimadas,
Dende a Cofradía de Pescadores Santa Tecla, estamos a desenvolver o proxecto A GUARDA, MAR DE MARCA. No marco deste proxecto, gustaríanos convidaros a participar na Xornada Técnica sobre a evolución e análise dos resultados obtidos polo proxecto.
O obxectivo desta sesión de traballo será avaliar os resultados da experiencia piloto levada a cabo, coñecer as experiencias de comercialización doutras organizacións con fins similares así como como explorar os novos pasos a dar para afondar en novos procesos de comercialización e posta en valor
A xornada técnica terá lugar na Lonxa de A Guarda, o vindeiro martes 28 de outubro as 18:00 horas. Por motivos de organización, agradecemos confirmación de asistencia ao enderezo cofradia@cofradiaguarda.org, ou no teléfono 986610307.
Un saúdo e ata pronto.
Estimados, estimadas,
Dende a Cofradía de Pescadores Santa Tecla, estamos a desenvolver o proxecto A GUARDA, MAR DE MARCA. No marco deste proxecto, gustaríanos convidaros a participar na Xornada Técnica sobre a evolución e análise dos resultados obtidos polo proxecto.
O obxectivo desta sesión de traballo será avaliar os resultados da experiencia piloto levada a cabo, coñecer as experiencias de comercialización doutras organizacións con fins similares así como como explorar os novos pasos a dar para afondar en novos procesos de comercialización e posta en valor
A xornada técnica terá lugar na Lonxa de A Guarda, o vindeiro mércores 22 de outubro as 19:00 horas. Por motivos de organización, agradecemos confirmación de asistencia ao enderezo cofradia@cofradiaguarda.org, ou no teléfono 986610307.
Un saúdo e ata pronto.
A Confraría de Pescadores "Santa Tecla" de A Guarda (Pontevedra) está a desenvolver dende o 1 de xullo de 2025 e ata o 30 de xuño de 2026, un proxecto de xestión e conservación dos recursos mariños para unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable no ámbito territorial da Confraría de A Guarda tramitado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e financiado polos fondos FEMPA nun 70% (46.115.30€) e pola Comunidade autónoma de Galicia nun 30% (19.763.70€). O importe total subvencionado ascende a 65.879.00€ O obxectivo do proxecto é reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e ambientalmente sustentables, fomentando a pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos.
O pasado 7 de marzo do 2025 na Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, adoptou o reparto de axudas á Confrarías de Pescadores, Federación Provincial de Confrarías e Agrupacións de mariscadoras, para “INVESTIMENTOS” durante o exercicio 2025.
A Confraria de A Guarda concedéronse un importe de 13.804,96€uros do programa “Investimentos” aplicación: 25/410.4150.489.02 da que había un crédito de 150.000 €, para investimentos, que serán xustificados coa factura de compra.
O investimento realizado no ano 2025 foi un furgón isotermo.
,
,
,
Adquisición de máquina Hidrolimpadora para ofrecemos aos nosos proveedores e clientes unhas mellores condicións de limpeza das instalación e materiais, tanto na lonxa como nas inmedicacións da zona portuaria de A Guarda.
A intervención consta de 1 hidrolimpadora KRANZLE K 1152 TST cunha presión de traballo de 30 a 130 bares.
Esta obra foi subvencionada por un total de 792,07 €uros, dos que 554,45 €uros son con Fondos FEMPA (70%) e a Comunidade Autónoma de Galicia (30%): 237.62 €uros. Plan de equipamentos pesqueiros de Galicia 2030.
O pasado 7 de marzo do 2025 na Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, adoptou o reparto de axudas á Confrarías de Pescadores, Federación Provincial de Confrarías e Agrupacións de mariscadoras, para “GASTOS CORRENTES” durante o exercicio 2025. A Confraria de A Guarda concedéronse un importe de 11.310,00 €uros do programa “Gastos Correntes” aplicación: 25/410.4150.489.01 da que había un crédito de 200.000 €, para gastos de persoal, combustible e electricidade, que serán xustificados con nóminas e facturas.
Esta Confraria recibiu unha subvención da Deputación Provincial por importe de 1294,48 €,
en concepto de investimentos realizados nas instalacións de Confraria, a través da línea
de axudas que foron aprobadas na xunta de goberno do 3 de maio do 2024.
Os investimentos realizados no ano 2024 foron os seguintes: báscula, impresora,
cubo limpeza e reloxo para a zona da lonxa.
,
O vindeiro mércores (30/10/2024) as 17:30 na Lonxa de A Guarda,realizaremos unha xornada de portas abertas para a divulgación do proxecto "LonSolar".
Presentarase as obras realizadas, así como un estudo do futuro aforro enerxético
O pasado 2 de agosto do 2024 na Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, adoptou o reparto de axudas á Confrarías de Pescadores, Federación Provincial de Confrarías e Agrupacións de mariscadoras, para “GASTOS CORRENTES” durante o exercicio 2024.
A Confraria de A Guarda concedéronse un importe de 9988,74 €uros do programa “Gastos Correntes” aplicación: 24/410.4150.489.01 da que había un crédito de 175000 €, para gastos de persoal, combustible e electricidade, que serán xustificados con nóminas e facturas