A Confraría de Pescadores "Santa Tecla" de A Guarda (Pontevedra) está a desenvolver dende o 1 de xullo de 2025 e ata o 30 de xuño de 2026, un proxecto de xestión e conservación dos recursos mariños para unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable no ámbito territorial da Confraría de A Guarda tramitado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e financiado polos fondos FEMPA nun 70% (46.115.30€) e pola Comunidade autónoma de Galicia nun 30% (19.763.70€). O importe total subvencionado ascende a 65.879.00€ O obxectivo do proxecto é reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e ambientalmente sustentables, fomentando a pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos.
Modelo-de-cartel.pdf
(1.07 MB)
Públicos