Noticias

O pasado venres 21 de novembro, dentro da campaña de sensibilización para os profesionais do mar da Deputación de Pontevedar, a Confraría de Pescadores de Arcade amosou os resultados do proxecto Sen Lixo. Confraría de Arcade contra o lixo mariño. Xuntase programa da xornada.

O pasado día 31 de outubro, na sala da Aula do Mar da Confraría de Arcade, na lonxa, tiveron lugar as xornadas divulgativas previstas para este 2025. A primeira relacionada coa xestión dos bancos marisqueiros, a segunda relacionada co lixo mariño e a solución atopada polas persoas mariscadoras a pé da entidade para loitar contra o mesmo, e a terceira acerca de situación actual da ostra plana en Arcade. 

Grazás as persoas que a pesares das condicións climatolóxicas adversas asistesteis ás presentacións. 

Este tipo de actividades continuarán no futuro, e como se fixo nesta ocasión se comunicarán tanto nesta web como nos locais sociais da contorna.

O próximo 31 de outubro comenzarás as actividades formativas e divulgativas do Aula do Mar. Nesta ocasión tratase de charlas dirixidas ao público en xeral e relacionadas con temas tan relevantes como a xestión dos bancos marisqueiros, a contaminación mariña e a situación da ostra plana en Arcade. O acceso é gratuito ata completar o aforo

O pasado día 11 de xullo, no salón da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra, tivo lugar a Xornada de difusión de resultados do proxecto Xestión. Tivemos a honra de que á mesma asistese a nova DIrectora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro á que pudimos trasladar as nosas inquedanzas. 

O pasado venres día 30 de maio alumnos de infantil do CEIP Froebel de Pontevedra viñeron a mariscar a Arcade. Antes de probar sorte co angazo aprenderon o que é unha Confraría de Pescadores, as diferencias entre pesca industrial e artesanal, a diferenciar moluscos... Esperemos que disfrutasen tanto coma nos. 

O vindeiro 25 de abril ás 9.30 horas no local da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, a tera lugar a presentación da Xornada de Difusión FInal do proxecto Sen lixo. Confraría de Arcade contra o lixo mariño. 

Aproveitando a Festa da Ostra, a Cofradia de Arcade presenta as actividades que realiza ao abeiro do proxecto Ostreares

A pasada semana as persoas mariscadoras a pé da Confraría de Arcade remataron coas xornadas de retirada de lixo do proxecto SEN LIXO. Confraría de Arcade contra o lixo mariño. En cada unha das seis xornadas participaron unha media de 26 persoas, que recolleron en total mais de 13 toneladas de residuos, especialmente cerámica e vidro, lo litoral do plan do seu ámbito. O proxecto rematará cunha xornada de difusión dos resultados que está prevista para o remate do mes de abril.  Moitas grazas a todas as persoas participantes pola labor realizada. 

Os pasados días 12 e 13 do presente mes de febreiro as persoas mariscadoras a pé da Confraría de Arcade comenzaron coas xornadas de limpeza de lixo mariño do proxecto SEN LIXO. 

Nestas xornadas participaron 27 mariscadores que retiraron mais de 2.000 quilos de lixo da zona de Punta Muxeira e outros 2.700 quilos no Illote do Castelo. Ainda que se retiraron plásticos, vidro, telas... a meirande parte destes residuos eran restos de cerámica.  

O proxecto SEN LIXO é un proxecto cofinanciado polo FEMPA e a Xunta de Galicia, no que asomesmo colabora o Concello de Soutomaior facendose cargo da retirada do lixo recollido.