AULA DO MAR

Xornadas divulgativas

O pasado día 31 de outubro, na sala da Aula do Mar da Confraría de Arcade, na lonxa, tiveron lugar as xornadas divulgativas previstas para este 2025. A primeira relacionada coa xestión dos bancos marisqueiros, a segunda relacionada co lixo mariño e a solución atopada polas persoas mariscadoras a pé da entidade para loitar contra o mesmo, e a terceira acerca de situación actual da ostra plana en Arcade. 

Grazás as persoas que a pesares das condicións climatolóxicas adversas asistesteis ás presentacións. 

Este tipo de actividades continuarán no futuro, e como se fixo nesta ocasión se comunicarán tanto nesta web como nos locais sociais da contorna.