FORA LIXO FORA ARRIBAZONS

Enviado por Cofradia Arcade o Mér, 21/10/2026 - 12:09
Publicidade no taboleiro
Xornada de traballo

Ben de rematar o proxecto Fora lixo fora arribazons, mediante o cal as persoas mariscadoras a pé da Confraría realizaron 8 xornadas de recollida de lixo e retirada da algas entre os meses de xullo e setembro. O lixo acumulado foi finalmente retirado polo Concello de Soutomaior, e as algas retiradas definitivamente polo Concello de Vilaboa. Compre indicar que ambas entidades colaboraron de xeito altruista.  

O proxecto contaba tamén cunha xornada formativa que tivo lugar o 16 de setembro, e cunha xornada de presentación de resultados que tivo lugar o pasado 28 de setembro. Ambas xornadas, impartadas pola empresa Ardora Formación S.C.G., se realizaron na Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra, que tamén cedeu desinteresadamente esa instalación. Na xornada de presentación de resultados contamos coa inestimable presenza da Directora Xeral.   

O proxecto foi cofinanciado polo FEMPA