A Confraría de Baiona presentou, con data do 27 de abril de 2026, solicitude de axudas ao abeiro das Bases para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, federación de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra para investimentos e gastos correntes durante a presente anualidade.
A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de Pontevedra acordou o reparto destas axudas en sesión ordinaria do día 19 de xuño de 2026. Unha vez valorados os proxectos presentados pola nosa confraría, aprobouse a concesión de dúas axudas en materia de investimentos e gastos correntes:
VEHÍCULO DE VIXILANCIA E ORDENADOR (19.025,42€ (64,34% do orzamento a executar))
GASTOS DE PERSOAL (14.079,96€ (35,25% do orzamento a executar))