FLEXIBILIZACIÓN 2020 PARA CUMPRIMENTO DO REQUISITO DE ACTIVIDADE EXTRACTIVA NA RENOVACIÓN DE HABILITACIÓNS.
Nova normativa que modifica a xustificación da actividade extractiva para a renovación
![](https://www.lonxasgalegas40.gal/baiona/sites/default/files/public/noticias/2257006.jpg)
Nos derradeiros meses a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pubicou resolucións que alteran os períodos para xustificar a actividade extractiva suficiente nos plans de xestión de 2020. Ditos cambios veñen motivados pola excepcionalidade xerada pola pandemia do COVID-19 ao longo deste ano 2020. Deste xeito, o período comprendido entre o 16 de marzo e o 31 de decembro desta anualidade excluirase do período de cálculo para demostrar a actividade extractiva suficiente nos plans de xestión.