PROXECTO PARA XESTIÓN E CONSERVACIÓN DAS ÁREAS COSTEIRAS 21_23

PROXECTO PARA XESTIÓN E CONSERVACIÓN DAS ÁREAS COSTEIRAS 21_23

 

A Consellería de Mar resolveu, con data do 05 de novembro de 2021, concederlle a esta entidade unha axuda de 278.237,37€, financiada polo FEMP nun 75%, aprobando deste xeito o proxecto colectivo presentado pola confraría de Baiona. Dito proxecto propón medidas para protexer e recuperar a biodiversidade mariña a través de melloras na xestión e conservación dos recursos mariños e os ecosistemas, e ten un prazo de execución de 24 meses (do 01 de xullo de 2021 ata o 30 de xuño de 2023).