Aínda que viva pegado ás rochas, é un crustáceo, non un molusco. A parte comestible do percebe ten unha pel moura e dura que remata nunha uña (cuberta de pequenas escamas) formada por varias pezas. O pedúnculo carnoso ou pé é o que lle permite adherirse ás rochas, onde vive, en zonas moi batidas. Forma grupos ou piñas. O percebe galego é máis groso e escuro que o que vén de Marrocos e a uña é máis aguzada e avermellada e con menos placas que o canadense.
Imagen especie
Tipo especie
Nombre latin
Pollicipes pollicipes
Enlace url
https://www.pescadegalicia.gal/gl/guia-especies/detalle/PCB