Proxectos
Esta entidade está a desenrolar o proxecto EMPRENDIMIENTO 23, que pertence ó programa PLAN SOCIAL ENCE 2023, financiado ENCE.
O obxectivo desta axuda é o emprendemento e innovación de cara a mellorar as instalacións da confraría de Bueu. Para unha xestión máis eficiente dos recursos naturais que esta confraría explota no entorno da Ría de Pontevedra. #enceplansocialpontevedra
DESENROLO
Principais obxectivos do proxecto:
Reducir o custe da electricidade consumida pola instalación frigorífica da Lonxa de Bueu e mellorar a eficiencia enerxética da mesma.
Obxectivos específicos:
Eliminar as resistencias de desxeo: encargadas de evitar a acumulación de xeo nas cámaras frigoríficas e con un elevado consumo enerxético.
- Instalación dun novo método que utiliza o calor xerado pola instalación frigorífica para quentar un gas que evitará a acumulación de xeo.
- Mellorar a eficiencia enerxética evitando a perda de enerxía.
- Redución do consumo eléctrico.
PRAZO DE EXECUCIÓN
Prazo total (meses): 2
Anualidades: 2023
Data fin de execución: 01/10/2023
INFORMACIÓN ECONÓMICA DO PROXECTO
Importe total do proxecto: 11.602,94 €
Importe total subvencionable: 11.602,94 €
% Subvención: 100
Financiadores
Expediente cofinanciado pola Unión Europea - Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)
Porcentaxe cofinanciamento da medida. 75% FEMP - 25% Comunidade Autónoma.
DESENROLO
Principais obxectivos do proxecto:
Mellorar a calidade dos produtos procedentes da pesca artesanal grazas á mellora no illamento das cámaras de fresco da lonxa de Bueu o que da lugar a un mantemento constante da temperatura de conservación, sen cambios bruscos que afecten á calidade dos produtos que se atopan almacenados no seu interior.
Dividir a cámara de conservación de produto fresco en dúas zonas, zona de pescado e zona de bivalvos. Esta separación mellora o control das distintas liñas de produtos comercializados a través da lonxa de Bueu
Reducir o custe de electricidade consumida pola instalación frigorífica da Lonxa de Bueu e mellorar a eficiente enerxética da mesma
Obxectivos específicos:
- Modernizar a cámara frigorífica de conservación de produto fresco mediante substitución dos de paneis actuais que se atopan en mal estado, por outros de máis espesor e mellor illamento.
- Substituír a porta frigorífica de corredera por unha nova en bo estado que non teña perdas térmicas.
- Arranxar as filtración de auga e térmicas do chan, xa que xeran unha perda térmica moi elevada e deterioran a calidade do produto conservado
- Dividir a cámara de conservación de produto fresco en dúas zonas. Zona pescado e zona bivalvos.
PRAZO DE EXECUCIÓN
Prazo total (meses): 2
Anualidades: 2023
Data fin de execución: 01/10/2023
INFORMACIÓN ECONÓMICA DO PROXECTO
Importe total do proxecto: 86.284,35 €
Importe total subvencionable: 86.284,35 €
% Subvención: 100
Financiadores
Expediente cofinanciado pola Unión Europea - Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)
Porcentaxe cofinanciamento da medida. 75% FEMP - 25% Comunidade Autónoma.
DESENROLO
Principais obxectivos do proxecto:
O obxectivo do proxecto e dar un mellor servizo de xeo ao sector da pessca e comercializadores, para conservar de forma axeitada os seus produtos. Para elo, instalarase unha máquina de xeo Geneglace F90 V de ata 2,2 mm de espesor de escama e produción 3,5 TN/24 horas.
Deste xeito, a confraría de Bueu disporá dunha produción de xeo de elevada calidade adaptada á demanda dos produtores e/ou clientes, co fin de manter os produtos da pesca en óptimas condicións de conservación, o que facilita a súa comercialización
PRAZO DE EXECUCIÓN
Prazo total (meses): 2
Anualidades: 2023
Data fin de execución: 01/10/2023
INFORMACIÓN ECONÓMICA DO PROXECTO
Importe total do proxecto: 51.819,66 €
Importe total subvencionable: 51.819,66 €
% Subvención: 100
Financiadores
Expediente cofinanciado pola Unión Europea - Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)
Porcentaxe cofinanciamento da medida. 75% FEMP - 25% Comunidade Autónoma.
DESENROLO
Principais obxectivos do proxecto:
Fortalecer a pesca a pequena escala e empoderar na gobernanza das súas actividades pesqueiras aos pescadores tradicionais a través do traballo de elaboración dun documento de diagnose que recolla a dependencia socioeconómica das confrarías dos GALPs Ría de Arousa, Ría de Pontevedra, Ría de Vigo no ámbito das augas do P.N. Illas Atlánticas e as medidas de xestión pesqueira propostas por estas entidades.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
- Estudo xeográfico das confrarías e análise das actividades pesqueiras.
- Recompilada toda a información relativa ás actividades que se desenvolven no ámbito do P.N. Illas Atlánticas.
- Información analizada: realidade e situación actual das actividades pesqueiras no ámbito do P.N. Illas Atlánticas.
- Prantexada unha proposta de uso e xestión pesqueira no ámbito do P.N. Illas Atlánticas.
- Divulgados os resultados obtidos da análise e da proposta resultante no ámbito do P.N. Illas Atlánticas.
- Constituída unha “Mesa de Traballo” có Organismo Autónomo P.N. Illas Atlánticas.
Principais actividades do proxecto:
- Recompilación de información relativa ás actividades que se desenvolven no ámbito do PN Illas Atlánticas.
- Análise da información obtida
- Proposta de uso e xestión pesqueira no ámbito do PN Illas Atlánticas
- Divulgación dos resultados obtidos da análise e da proposta
- Mesa de traballo co Organismo Autónomo do PN Illas Atlánticas
PRAZO DE EXECUCIÓN
Prazo total (meses): 14
Anualidades: 2016 - 2017
Data fin de execución: 31/10/2017
Ámbito de aplicación: Todos os concellos da Ría: Bueu, Marín, Pontevedra, Poio e Portonovo. Tamén afecta ao sector Pesqueiro que opera na ría de Arousa e na de Vigo.
INFORMACIÓN ECONÓMICA INICAL DO PROXECTO
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 42.465,92
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 35.095,80
Total axuda pública aprobada (€): 35.095,80
% Subvención: 100