1

 

Poden facerse membros da Confraría as persoas físicas ou xurídicas que voluntariamente se asocien, sempre que desenvolvan habitualmente unha actividade extractiva pesqueira, marisqueira ou de produción acuícola, e estean en posesión do correspondente título administrativo que os habilite para o exercicio da actividade.

A Confraría conta con socios tanto traballadores como empresarios, que levan a cabo a súa actividade na pesca e o marisqueo, maioritariamente pesca artesanal realizada por pequenas embarcacións a pouca distancia da costa, que descargan as capturas no mesmo día de pesca.