Enténdese por marisqueo o exercicio da actividade extractiva, desenvolvida a pé ou desde embarcación, na zona marítima ou marítimo-terrestre, dirixida de xeito exclusivo e con artes selectivas e específicas á captura dunha ou varias especies de moluscos, crustáceos, tunicados, equinodermos e outros invertebrados mariños, con fins de comercialización.
O Plan Xeral de Explotación Marisqueira é o instrumento que regula a conservación e o aproveitamento sustentable dos recursos marisqueiros xerais en Galicia. Nel establécense as normas de explotación, os plans de xestión de cada zona marisqueira, os obxectivos biolóxicos, ecolóxicos, económicos e sociais, así como as medidas necesarias para garantir unha actividade marisqueira responsable e compatible coa conservación dos recursos.
Enlace ó Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o trienio 2024-2026
Pola súa banda, os recursos específicos son aquelas especies marisqueiras que, polas súas características biolóxicas, ecolóxicas ou polas particularidades da súa explotación, requiren unha regulación e un seguimento diferenciados do marisqueo xeral. O seu aproveitamento organízase mediante plans de xestión específicos, nos que se establecen as condicións de extracción, as zonas autorizadas, os períodos de actividade, os topes de captura e outras medidas de xestión necesarias para garantir a conservación do recurso e a sustentabilidade da actividade marisqueira a longo prazo.
As ligazóns aos plans de xestión de recursos específicos da Confraría de Pescadores de Camelle son:
- Percebe (Pollicipes pollicipes)
- Algas
- Anemone (Anemonia viridis)
- Ourizo (Paracentrotus lividus)
- Poliquetos (Scoletoma laurentiana)