A CONSELLERÍA DO MAR CONCEDEU UNHA AXUDA AO PROXECTO COLECTIVO "XESTIÓN DOS RECURSOS DA PESCA ARTESANAL DE CANGAS, 2025-2026"

Enviado por 78737876k el Lun, 20/10/2025 - 12:46
CARTEL AXUDAS

De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Xestión dos recursos da pesca artesanal de Cangas, 2025-2026” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas  (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 9 de abril de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable, outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 97.131,88 €, distribuída en dúas anualidades: 49.418,38 € en 2025 e 47.713’50 € en 2026. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209P-2025-00004. O obxecto destas axudas é o de contribuír a sufragar os custos de contratación dunha bióloga (asistencia técnica) e tres garda pescas marítimos, por parte da confraría de Cangas, durante o período 01/07/2025 ao 30/06/2026.