Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Instalación de sistema de aerotermia para a mellora enerxética da lonxa de Cangas” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e tramitadas como expediente anticipado de gasto, outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 7.260’00 €, a desembolsar nun único pagamento para a anualidade 2025, cuxa instalación e xustificación do investimento, se deben achar executados antes do 31/10/2025. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209G-2025-00040. O obxecto destas axudas é o de substituír os termos eléctricos da lonxa de Cangas por unha bomba de calor Bibloc para auga quente sanitaria (AQS), actuación que permite un aforro enerxético estimado superior ao 70 % e unha redución significativa das emisións de gases de efecto invernadoiro, nunha porcentaxe idéntica.