A CONSELLERÍA DO MAR CONCEDEU UNHA AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE GUINDASTRE PLUMA FIXO PARA VARADOIRO CANGAS

Enviado por 78737876k el Jue, 20/11/2025 - 09:14
CARTEL AXUDAS

Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Adquisición de guindastre pluma fixo para o varadoiro de Cangas” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas  (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e tramitadas como expediente anticipado de gasto, outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 90.250’27 €, a desembolsar nun único pagamento para a anualidade 2025, cuxa instalación e xustificación do investimento, se deben achar executados antes do 15/12/2025. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209G-2025-00004. O obxecto destas axudas é o de substituír o actual guindastre pluma fixo, marca GH e modelo GHD, de capacidade 8 Tm e con número de serie 57.615, que se acha no final da súa vida útil, por un novo equipo marca GH de igual capacidade de elevación e semellantes características técnicas.