A CONSELLERÍA DO MAR CONCEDE Á CONFRARÍA DE CANGAS UNHA AXUDA PARA A MODERNIZACIÓN FUNCIONAL E HIXIÉNICO-SANITARIA DA LONXA (MODLONXA)

Enviado por 78737876k el Mar, 27/10/2026 - 14:26
CARTEL PUBLICITARIO

Consonte ao disposto na Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao proxecto colectivo “Modernización funcional e hixiénico-sanitaria da lonxa (Modlonxa-Cangas 2026.)” presentado pola Confraría de Pescadores ‘San Xosé’ de Cangas (NIF G36014389), ao abeiro da Orde do 3 de xaneiro de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e tramitadas como expediente anticipado de gasto, outorgóuselle á confraría de Cangas unha axuda de 59.941’80 € a desembolsar nun único pagamento para a anualidade 2026, cuxa instalación e xustificación do investimento, se deben achar executados antes do 31/10/2026. Os investimentos consisten na implantación dun sistema continuo de pavimento e tratamento hixiénico dos parámetros verticais dos espazos auxiliares, adaptando a infraestrutura ás esixencias actuais derivadas do uso intensivo. Ao proxecto asignóuselle o número de expediente PE209G-2026-00013. O obxecto destas axudas é o de acadar unha modernización funcional e hixiénico sanitaria da lonxa do porto de Cangas, melloras das condicións de uso e traballo das persoas pescadoras e usuarias desta instalación do porto cangués, con actuacións que permitan melloras na limpeza e desinfección da lonxa, utilización de materiais de alta durabilidade, mellora da impermeabilidade e continuidade superficial, redución de puntos de acumulación de sucidade e humidade, entre outros.