Proxectos
- Ao abeiro da Orde do 10 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental (código do procedemento PE209C), a confraría de pescadores de Corcubión, presentou o "Proxecto que contribúe a protección e a recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellora da xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como o fomento da sensibilización ambiental".
- Con este proxecto pretendese conseguir mellorar a xestión das zonas de produción e o control e seguimento dos plans de explotación das especies mariñas co fin de contribuír a conservación do medio e a protección e recuperación da biodiversidade mariña, ao mesmo tempo que se mellore as condición de vida e de traballo das persoas que se dedican a esta actividade no ámbito da confraría de Corcubión.
- Para iso, contemplamos abordar unha serie de obxectivos específicos:
- Preservar a riqueza natural dos ecosistemas mariños da Ría de Corcubión
- Xestionar de forma sostible a explotación dos recursos mariños
- Preservar e fomentar o marisqueo como actividade tradicional sostible compatible coa conservación do ecosistema mariño
Ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axuda a proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o Proxecto Colectivo INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CORCUBIÓN.
O proxecto consiste nunha instalación fotovoltaica para o autoconsumo da lonxa da Confraría de pescadores de Corcubión e o seu obxectivo é contribuír á protección do medio am biente e dos recursos naturais me diante o uso de fontes de enerxía reno vables e menos contaminantes.
- Ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axuda a proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) a confraría de pescadores de Corcubión presentou o Proxecto Colectivo MODERNIZACIÓN DAS PORTAS DA LONXA DE CORCUBIÓN.
- O obxecto deste proxecto é mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras e usuarios que operan na lonxa de Corcubión mediante a modernización dos portais de acceso ás instalacións da lonxa. Para isto, inverteuse en tres portais automáticos con estrutura de aceiro inoxidable e paneis Trespa.