Noticias

AVISO DE ZONAS DE SEGURIDADE

Tal e como se pode comprobar no plano que achegamos, sinalamos a zona de seguridade para o lanzamento dos fogos de artificio nas datas do 29 de xuño e 16 de xullo ás 12:00 horas respectivamente.

Por conseguinte, eses dous pantaláns deben obrigatoriamente quedar libres de embarcacións antes da hora indicada eses días.

Para evitar problemas non desexados por todos, rogamos se teñe en consideración este aviso e se cumpra o mesmo.

Saúdos e felices festas a todos!

INICIO DA CAMPAÑA MARISQUEIRA DE A FROTE PARA LIBRE MARISQUEO

 

A partir do próximo Luns DÍA 26 e ata o 28 de XUÑO, realizarase a CAMPAÑA MARISQUEIRA para os profesionais de MARISQUEO A FROTE, dentro das zonas de LIBRE MARISQUEO, consonte se sinala no plano que achegamos.

INDICAR que esto sólo atinxe a estes días 26, 27 e 28 de xuño, para logo a partir do día e de XULLO publicar novas NORMAS.

 

OBRAS DE PINTADO DO PORTO DE MUROS.

Comunicamos que Portos de Galicia vai realizar obras de pintado de toda a zona portuaria. Por conseguinte, para levar a cabo as mesmas é imprescindible ir acotando as diferentes zonas en función dos traballos e días que se van realizando. Visto o cal, achegamos un plano onde se definen as datas e zonas a pintar e acotar cada día, e que hai que ter en conta para non ser utilizadas nin estar permitido o estacionamento.

RESOLUCIÓN DA XEFA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR NA CORUÑA POLA QUE SE PUBLICA A LISTAXE DE PERSOAS ASPIRANTES SELECCIONADAS NO PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN NA MODALIDADE DE MARISQUEO A PÉ PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA NO ÁMBITO DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS E SE ABRE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN.

RESOLVO:

1. Facer público a listaxe definitiva das persoas que superaron o proceso selectivo e as que non o superaron, para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo xeral a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito da confraría de pescadores de Muros.

2. As persoas seleccionadas disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, a contar a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución, para achegar a documentación que figura na base 3.2 do anexo A da convocatoria:

a) Certificado de estar empadroada nun municipio do litoral de Galicia. Esta documentación non será necesaria que se presente no caso de consentimento expreso da persoa para comprobar os datos de residencia mediante consulta ao sistema de verificación de datos de acordo co Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde do 7 de xullo de 2009.

b) Certificado da Seguridade Social de non ser perceptora de pensións de xubilación, grande invalidez, incapacidade permanente absoluta, incapacidade permanente total, en favor de familiares ou perceptor da renda de integración social de Galicia. As persoas perceptoras da renda de integración social deberán renunciar a ela. Non será necesario en caso de autorización á Consellería do Mar para a consulta destes datos.

c) Documentación acreditativa de non estar incapacitada para exercer os labores de marisqueo.

d) Dúas fotografías de tamaño carné actuais e iguais, co seu nome escrito por detrás. As persoas que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados, entenderase que desisten da súa solicitude. Neste suposto, emitirase unha nova resolución modificando esta, consonte aos prazos e forma recollidos nos parágrafos anteriores, declarando vacante a praza correspondente, polo desistimento da persoa que non presentou a documentación ou carece dos requisitos. 

As persoas que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados, entenderase que desisten da súa solicitude. Neste suposto, emitirase unha nova resolución modificando esta, consonte aos prazos e forma recollidos nos parágrafos anteriores, declarando vacante a praza correspondente, polo desistimento da persoa que non presentou a documentación ou carece dos requisitos. 

Neste suposto, emitirase unha nova resolución modificando esta, consonte aos prazos e forma recollidos nos parágrafos anteriores, declarando vacante a praza correspondente, polo desistimento da persoa que non presentou a documentación ou carece dos requisitos. 

ASUNTO: ORDE POLA QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS PARA A OBTENCIÓN DE AVAIS DE SAECA POLO SECTOR PESQUEIRO.

 

Publicouse a Orde do 27 de abril de 2023 pola que se convocan as subvencións previstas no Real Decreto 388/2021, do 1 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á obtención de avais da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria S.M.E. (SAECA) por titulares de explotacións agrarias, de operadores económicos do sector pesqueiro ou de industrias agroalimentarias que garantan préstamos para o seu financiamento.

Remitímoslles copia da mencionada Orde.

O Real Decreto 388/2021 ao que se fai referencia, foi publicado en:

«BOE» núm. 131, de 2 de junio de 2021

Beneficiarios.

Os armadores ou propietarios de buques pesqueiros da lista terceira de alta no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e en posesión da licenza de pesca en vigor ao comezo do período de referencia, e as entidades asociativas pesqueiras.

Características e contías. O custo dos avais obxecto de subvención será, para a comisión de estudo, o 0,50% do importe avalado, por unha soa vez á formalización do préstamo, e para a comisión do aval, o 1,15% anual sobre o saldo vivo do préstamo avalado.

Financiarase a comisión de estudo do aval de SAECA nos seguintes casos:

- Armadores ou propietarios de buques pesqueiros que non teñan máis de corenta anos.

- Solicitantes integrados nunha entidade asociativa prioritaria de carácter agroalimentario ou nunha organización de produtores recoñecida.

Límite da contía da subvención. No sector da pesca e da acuicultura limítase aos 30.000€ de axudas de minimis durante tres exercicios fiscais.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE e finalizará o 15 de outubro de 2023.

ENLACES:

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-B-2023-13203

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-B-2023-13203

Axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de

Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional,

das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector

pesqueiro (código de procedemento PE610A)

Axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de

Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional,

das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector

pesqueiro (código de procedemento PE610A)

RESOLUCIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR NA CORUÑA, POLA QUE SE PUBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE PUNTUACIÓNS OBTIDAS POLAS PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS AO PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN, MODALIDADE DE MARISQUEO XERAL A PÉ, PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA NO ÁMBITO DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS, E AS PERSOAS EXCLUÍDAS DO PROCESO.

De conformidade co establecido na base 2. do anexo A da resolución do 9 de marzo de 2023 pola que se convocou o proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito da confraría de pescadores de Muros.

RESOLVE:

1. Facer pública a listaxe provisional das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes admitidas ao proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito da confraría de pescadores de Muros.

2. As persoas aspirantes disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, a contar a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución, para efectuar alegacións ás puntuacións outorgadas.

3. Facer pública a listaxe definitiva das persoas excluídas ao proceso selectivo, así como as causas da súa exclusión. As persoas excluídas poderán presentar contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, un recurso de alzada ante a conselleira do mar no prazo dun (1) mes a contar a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co establecido nos artigos 30, 121 e 122 da lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A presente resolución publicarase no taboleiro de anuncios da xefatura territorial da Coruña e na páxina web http://mar.xunta.gal/. A resolución tamén se exporá, con carácter informativo, nos taboleiros de anuncios da confraría de pescadores de Muros e da xefatura comarcal da consellería do Mar de Ribeira

A xefa territorial

Mª José Cancelo Baquer

NORMAS DA CAMPAÑA MARISQUEIRA DO ANO 2023

 

APERTURA CAMPAÑA:                          MARTES DÍA 2 DE MAIO.

DÍAS DE TRABALLO SEMANAIS:                  DE LUNS A XOVES.

 

HORARIO DE MARISQUEO:

DENDE AS 8:00h A 11:00 h, E NON FONDEAR

DENTRO DA ZONA AUTORIZADA ANTES DAS 7:30 horas, respectando as boias.

 

ARTES AUTORIZADAS:

RASTRO DE 18mm DE SEPARACIÓN ENTRE VARILLAS.

 

TOPES DE CAPTURAS:   

NON SE PODRÁ ESCOLLER EN TERRA O MARISCO.

  • Ameixa babosa: 3kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
  • Ameixa rubia: 5kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
  • Cornicha: 5kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
  • Ameixa bicuda (bruxa): 3kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
  • Ameixa fina: 2kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
  • Berberecho: 5kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
  • Carneiro: 5kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
  • Ameixón: 5kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
  • Ameixa xaponesa: 2kg/tripulante enrolado e a bordo/día.

 

ZONA  DE   TRABALLO:  

BANCOS       DE                    A            FLOTE DA          VIRXEN            E   DE ABELLEIRA . (ZONAS DE AUTORIZACIÓN DA CONFRARÍA).

 

PUNTO  DE   VENDA:  

LONXA    DE    MUROS.   Obrigatorio     traelo        marisco directamente do lugar de traballo á lonxa.

 

NOTA: PROHIBIDO DESCARGAR NOS PANTALÁNS

NOVA ACTUACIÓN CONTRA O FURTIVISMO EN MUROS

Nunha operación conxunta da Garda Civil de Muros e mailo  Servizo de Gardapescas da confraría de Muros, esta noite do 19 ao 20 de marzo procederon a realizar a localización de furtivos nas praias de Esteiro e Virxe do Camiño, onde comisaron un total de 42 quilos de berberecho, así coma diversos aparellos para mariscar, tales coma bolsas de rede con flotadores, un rastro e un traxe de neopreno. Varios individuos conseguiron escapar sen poder ser identificados. Emporiso, Subliñar que grazas a presenza da Garda Civil de Muros, se puido localizar a un deles, dándolle o alto e sorprendido nun coche con marisco furtivo dentro e máis todos os aparellos antes relacionados e comisados.

Tamén grazas a autoridade e presenza da Garda Civil se identificou o condutor, que resultou ser un coñecido individuo dos servizos de vixilancia e xa denunciado noutras ocasións. As iniciais son EMR. de 42 anos e veciño de Boiro que quedou detido nas dependencias do Cuartel de Muros e comisado tamén o vehículo que conducía.

NON PODEMOS MÁIS QUE SEGUIR AGRADECENDO O INESTIMABLE TRABALLO E COLABORACIÓN QUE ESTÁ PRESTANDO A GARDA CIVIL EN XERAL,  E O CUARTEL DE MUROS EN PARTICULAR.