Noticias
AXUDAS PARA COMPENSAR A MINORACION DA ACTIVIDADE MARISQUEIRA
EXTRACTO da Resolución do 30 de xaneiro de 2024 de concesión directa de axudas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sustentabilidade da actividade marisqueira mediante a achega de fondos para compensar a minoración dos ingresos económicos percibidos que pon en risco a asunción dos custos básicos da actividade (código de procedemento PE130A).
Primeiro. Persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias, físicas ou xurídicas, deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Ser titular dun permiso de explotación en vigor para marisqueo a pé de recursos marisqueiros xerais, para marisqueo a pé con emprego de embarcación auxiliar ou persoas armadoras de embarcacións con permiso de explotación coa modalidade de marisqueo a flote con vara.
2. Non acadar como resultado económico da actividade extractiva ingresos equivalentes a 5 veces o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, índice de referencia en España para a asignación de axudas e subsidios en función dos ingresos), durante o período conxunto dos meses de outubro e novembro de 2023.
3. Ademais terán dereito á axuda aquelas persoas en situación de incapacidade temporal, cesamento de actividade, ou que estiveran percibindo algunha compensación por inactividade en todo ou en parte no período comprendido entre outubro e novembro de 2023, sempre que a suma das prestacións percibidas mais os ingresos por marisqueo non acadasen importes equivalentes ao nivel de 5 veces o IPREM no mesmo período.
Segundo. Obxecto
Esta resolución ten por obxecto a concesión directa dunhas axudas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sustentabilidade da actividade marisqueira mediante a achega de fondos para compensar a minoración dos ingresos económicos percibidos que pon en risco a asunción dos custos básicos da actividade.
Terceiro. Norma reguladora
Resolución do 30 de xaneiro de 2024 de concesión directa de axudas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sustentabilidade da actividade marisqueira mediante a achega de fondos para compensar a minoración dos ingresos económicos percibidos que pon en risco a asunción dos custos básicos da actividade (código de procedemento PE130A).
Cuarto. Contía
A contía da axuda fíxase en 550 euros, por persoa con permiso de explotación vixente para o marisqueo a pé, e marisqueo a pé con embarcación auxiliar.
No caso das embarcacións con permiso de explotación coa modalidade de marisqueo a flote con vara, a contía da axuda fíxase en 550 euros por persoa enrolada nos meses de outubro e novembro de 2023.
Quinto. Comprobación e publicación
1. A Consellería do Mar, logo de consultar os rexistros dos permisos de explotación marisqueira en vigor nos meses de outubro e novembro de 2023, así como os datos de ingresos pola actividade extractiva de marisqueo nese período, dispoñibles no Servizo de Análise e Rexistros da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica,
elaborará unha relación de persoas que, por reunir os requisitos previstos nos apartados 1 e 2 do punto sexto, puideran acollerse a esta axuda.
2. Esta relación publicarase o día 5 de febreiro de 2024 no seguinte enderezo https://mar.xunta.gal/gl/de-interese/novidades
A publicación realizarase de conformidade coas garantías establecidas na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Sexto. Forma e lugar de presentación da aceptación
1. As persoas incluídas na relación indicada no punto anterior disporán dun prazo de 5 días naturais desde o mesmo día da súa publicación para aceptar a axuda, que deberán presentar por escrito segundo o formulario que acompaña a esta resolución (anexo I) e no que se indicará o número de conta para o abono da axuda.
2. Aquelas persoas que percibiran prestacións por causa de incapacidade temporal, cese de actividade ou outras semellantes, derivadas da súa actividade extractiva marisqueira achegarán mediante declaración responsable no documento anexo sinalado, a contía percibida no período de outubro e novembro, co fin de poder calcular o sometemento dos ingresos ao nivel IPREM establecido.
3. A non aceptación da axuda no prazo indicado suporá a renuncia á mesma.
4. As persoas incluídas na relación, e aquelas outras persoas que non figuren na mesma, disporán tamén dun prazo de 5 días naturais desde a publicación da mesma, para achegar as alegacións e documentación que xulguen oportuna.
5. A aceptación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
LIMPEZA DE LIXO MARIÑO E PELES NA PRAIA DE MONDELO
(Abelleira-Muros)
A Agrupación de Mariscado@s de a Pé da Confraría de Pescadores de Muros, o sábado día 20 de xaneiro participou, xunto con Actúa Voluntariado, ABANCA e colaboración do concello de Muros, na recollida de lixo mariño e peles na praia de Mondelo (Abelleira-Muros).
Os resultados desta recollida foron os seguintes:
Plásticos e madeira: 230 quilos.
Palitos de batea: 10 quilos
PELES: 4 quilos.
Oferta de emprego
Ó abeiro do estipulado no artigo Artigo 43.4 do DECRETO 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións e no Artigo 40.2 dos estatutos da confraría, facemos pública unha oferta de emprego para cubrir unha praza vacante de GARDAPESCA MARÍTIMO, na CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS.
É imprescindible estar en posesión da habilitación como Garda particular de campo na especialidade de gardapesca marítimo, de acordo co previsto na Lei 5/2014, de 4 de abril, de Seguridad Privada (BOE» núm. 83, de 05/04/2014).
Os interesados deberán presentar a súa solicitude xunto co curriculum vitae nas oficinas da confraría, tendo de prazo ata o día 15/12/2023, ás 14,00 horas.
O que se fai público para o coñecemento xeral, en Muros a 01/12/2023
O PATRÓN MAIOR,
Asdo: M. Daniel Formoso Moledo.-
AXUDAS A FAMILIARES DOS FALECIDOS NO MAR PARA O ANO 2024
No DOG Núm. 227 de Mércores, 29 de novembro de 2023, a CONSELLERÍA DO MAR publica a
ORDE do 16 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade para o ano 2024, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE113E).
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas destinadas a familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade para o ano 2024.
Artigo 12. Contía da axudas
As contías das axudas reguladas nesta orde son as seguintes:
a) Á viúva/o ou parella de feito da persoa falecida corresponderalle tres mil euros (3.000 €).
b) A cada unha das fillas/os menores de 21 anos corresponderalle mil euros (1.000 €).
Enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231129/AnuncioG0427-171123-0001_gl.pdf
CONCESION AXUDA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña aprobou a CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA FO027A: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2023.
Entre as entidades beneficiarias destas axudas figura a Confraría de Pescadores de Muros ca axuda que se indica:
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS
NIF: G15038508
Cod. Exp.:2023000017276
Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS RECURSOS NON MARISQUEIROS.
Importe da subvención: 20.000,00€
Coeficiente: 0,8000
Presuposto Subvencionado que se ha xustificar 25.000,00€
XANTAR FIN DE CAMPAÑA D@S MARISCADOR@S DE A PÉ
A Agrupación de Mariscadores/as de a Pé da confraría de pescadores de Muros presidida por Adela Lestón Mayo, organizou como ven sendo habitual todos os anos este pasado sábado día 16 de setembro, a tradicional xuntanza anual “FIN DE CAMPAÑA”, coa celebración dun xantar en Casa Jurjo, onde participan, a máis dos profesionais da confraría de Muros, os compañeiros e compañeiras da confraría de Noia que este ano tiveron a oportunidade de mariscar nas nosas autorizacións.
Durante a sobremesa procedeuse a celebración dun acto moi emotivo, no cal se rendeu homenaxe as profesionais que se xubilaron neste ano, facéndolles entrega por parte das autoridades presentes dun recordo deste acto a cada unha delas.
Ademais de Patrón Maior Daniel Formoso e a Presidente da Agrupación Adela Lestón, tivemos a honra de contar coa participación do Conselleiro do Mar Alfonso Villares, da ex-conselleira e Deputada Nacional Rosa Quintana, da Directora Xeral de Desenvolvemento Susana Rodríguez, da Subdirectora Montse Castro e da Xefa Territorial María Cancelo, que departiron con todos os presentes amigablemente e en confraternidade.
Cabe resaltar tamén o recoñecemento e cariño recibido por parte da ex-conselleira Rosa Quintana por parte de todos os asistentes, e a emoción que xurdiu cando tomou a palabra para dirixirse os/as profesionais e despedirse da súa actividade na Consellería do Mar.
O compañeirismo e a diversión e ledicia estivo presente durante toda a xornada, non en van, este é o motivo fundamental da celebración desta xantar de confraternización, salvo para aljunhas, contadiñas, que non están a iso............unha pena!
PROXECTO COLECTIVO PARA A PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DA BIODIVERSIDADE DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS NO MARCO DE ACTIVIDADES PESQUEIRAS SUSTENTABLES MEDIANTE A RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS
PLAN MARLIMPO -- CONSELLERÍA DO MAR DA XUNTA DE GALICIA
Proxecto cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)
A Confraría de Pescadores de Muros, ten o pracer de convidarvos á Xornada de presentación de resultados do “PROXECTO CONXUNTO DE RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO CONFRARÍAS DE MUROS E O PINDO” 2022-2023. Iniciativa enmarcada no Plan MarLimpo- Mar Vivo da Consellería do Mar da Xunta de Galicia para proxectos colectivos para a Protección a Recuperación da Biodiversidade dos Ecosistemas Mariños no Marco de Actividades Pesqueiras Sustentables Mediante a Recollida de Residuos Mariños. A xornada celebrarase o día 1 de setembro de 2023 en horario de 18:00 h a 19:00 h na antiga Fábrica de SelPor temas de aforo é preciso inscribirse enviando un correo a ardora@ardoraformacion.com antes do 29/08/2023