Noticias

CONCENTRACIÓN CONTRA O VETO DA PESCA DE FONDO

 

Informamos que o vindeiro sábado 8 de outubro de 2022, as 19:00 horas, terá lugar unha concentración na praza do concello de Ribeira, en contra da decisión tomada pola Comisión Europea de vetar a pesca de fondo en 87 áreas do Atlántico Nororiental.

MANIFESTO EN FAVOR DA PESCA ANTE A COMISIÓN EUROPEA

 

Por mor da publicación do REGULAMENTO DE EXECUCIÓN (UE) 2022/1614 DA COMISIÓN de 15 de setembro de 2022, que adopta medidas como a prohibición da pesca de fondo en 87 áreas de augas europeas, a pesca, a pesca artesanal en particular, o marisqueo, a acuicultura mariña e toda a cadea mar-industria que constitúen unha fonte fundamental na alimentación e na economía Galega, veñen de asinar un manifesto rexeitamento estas medidas. Por iso, convidamos a todas aquelas organizacións públicas ou privadas que cren na importancia crucial da produción sostible e eficiente de proteína de orixe mariña, a que se sumen como asinantes a este manifesto.

ELECCIÓNS XERAIS A VOGAIS  DA XUNTA XERAL DA

CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS:

Consonte establece o Calendario Electoral vixente para estas eleccións, o prazo para presentación de candidaturas a membros (vogal) das distintas agrupacións e sectores que compoñerán a xunta xeral da confraría de pescadores de Muros, queda establecido desde o 27/09/2022 ata o 04/10/2022.

Para a presentación de candidaturas, hai que ter en conta o establecido na ORDE do 29 de abril de 2014 pola que se regulan as eleccións para a renovación dos órganos reitores de confrarías de pescadores de Galicia e das súas federacións. (DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014), concretamente no seu artigo 15º, relativo a confección de candidaturas, onde dispón:

1. As candidaturas para participar no proceso electoral das confrarías de pescadores responderán ao sistema de listaxes abertas.

2. Estas candidaturas presentaranse ante a comisión electoral dentro dos sete días seguintes

á aprobación do censo electoral definitivo.

3. As candidaturas son individuais para efectos de votación e escrutinio, aínda que poden agruparse en listas por sectores de produción, para os efectos da súa presentación e campaña electoral.

4. No caso das persoas xurídicas inscritas, o/a candidato/a a vogal será a propia persoa xurídica, que estará personificada na xunta xeral (no caso de resultar elixida) pola persoa que figure como representante legal no censo de membros.

5. Para os efectos de presentación de candidaturas, con independencia do número de membros asociados e embarcacións en propiedade, cada parte armadora poderá presentar

unha única candidatura.

6. O escrito de presentación de cada candidato/a deberá expresar: colectivo, sector de produción e tipo de candidatura a membro de xunta xeral e/ou a vogal por elección de agrupación, con indicación do seu nome, apelidos e DNI; así mesmo, incluirá unha declaración responsable do cumprimento das condicións de elixibilidade e axustarse ao modelo que se publica en:

http://www.medioruralemar.xunta.es/mar/o_sector/proceso electoral confrarías/.

Estes modelos que aquí publicamos, tamén poden recollerse nas oficinas da confraría de pescadores de Muros, así como descargarse na páxina web da confraría: https://www.lonxasgalegas40.gal/muros/.

ELECCIÓNS XERAIS A CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS

A Consellería do Mar publicou a RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2022 pola que se convocan eleccións para a renovación dos órganos reitores das confrarías de pescadores de Galicia, incluídas as súas agrupacións sectoriais, e das súas federacións.

Ao abeiro desta resolución, esta confraría está inmersa no proceso electoral, cuxo cronograma publicamos en documento adxunto, ademais do censo electoral -que a data de hoxe e ata o venres 16.09.2022, estará exposto no taboleiro de anuncios e na páxina web da confraría en período de reclamacións-,  composto por 164 socios (98 homes e 66 mulleres) que compoñen os distintos sectores profesionais integrados na confraría, segundo se indica no documento que publicamos tamén na páxina web https://www.lonxasgalegas40.gal/muros/.

As votacións para as eleccións xerais dos membros da Xunta Electoral, terán  lugar no SALÓN DE ACTOS DA LONXA, desde as 10:00 horas ata as 14:00 horas ininterrompidamente o SÁBADO DÍA 29 DE OTUBRO DE 2022.

A Xunta Xeral quedará composta por un total de 16 membros, os cales elixirán entre os mesmos o Patrón Maior, cuxa praza que deixa vacante será cuberto polo membro da súa agrupación máis votado. E, así mesmo, entre eles elixirán tamén os 8 compoñentes do Cabido.

Ademais dos membros electos, tamén formará parte destes órganos de goberno da confraría o Secretario, que terá voz pero non voto.

 

OBRADOIRO DE ARTE DE LIXO MARIÑO

ESTE OBRADOIRO VAI DIRIXIDO AOS NENOS E NENAS DE ENTRE 6 E 12 ANOS.

O AFORO ESTARÁ LIMITADO A 12 PERSOAS POR OBRADOIRO

DATA: 26 de agosto de 10 a 13 horas no salón de actos da lonxa da confraría de pescadores de Muros.

PROCESIÓN DE BAIXADA DA VIRXE DO CARME.

VENRES DIA 8 DE XULLO - HORA DE SAÍDA: 18:00 h

Polo presente comunicamos o seguinte:

A tradicional procesión de traslado da imaxe da Virxe do Carme dende a súa Capela ata a Igrexa Parroquial de Muros prevista para ás 19:30 horas do venres día 8, por motivos imprevistos de axenda, modifica o seu horario de saída, quedando para as 18:00 horas.

Rogamos disculpen as molestias que iso lles poida ocasionar.

FELICES FESTAS!!

AUTORIZACION DE PROCESION MARITIMA

La Capitanía Marítima de A Coruña viene de rersolver la solicitud presentada por la COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS en fecha 22 de junio de 2022 de autorización para la celebración de concentración náutica de carácter
colectivo denominada: Procesión Marítima a efectuar el día 16 de julio de 2022 entre las 18:30 y las 19:00 horas y en aguas de la Ría de Muros.

Por todo ello, damos conocimiento de dicha celebración, en la cual pueden participar todas aquellas embarcaciones que lo deseen, teniendo presente en todo momento las medidas de seguridad establecidas para estos eventos, y que pueden ver en el documento de autorización que aquí mostramos.

Al propio tiempo, cabe recordar que los canales de comunicación VHF establecidos para este evento serán: el 16 en caso de urgencias y los de coordinación 9 y 73.

Rogamos a todos los a los patrones el respeto de  las instrucciones precisas para el buen desarrollo de la navegación.

 

 

HORARIOS DE APERTURA AO PÚBLICO:

MARTES A VENRES:

Mañá:  10:00 a 14:00 horas

Tarde: 16:00 a 19:00 horas

SÁBADOS:

De 10:00 a 17:00 horas

Horario especial para Colexios e grupos de máis de 10 persoas,

con programación cunha anterioridade mínima de un día.

 

SUBVENCIÓN PARA O PROXECTO DE MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUCTOS NON MARISQUEIROS.

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

FO027A: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIONS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA  ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2022.

IMPORTE DA SUBVENCIÓN 19.500,00 €

Seguir a mellorar e perfeccionar o servizo de poxa, venda e comercialización dos produtos NON marisqueiros –PEIXE, CRUSTÁCEOS, ETC..- a través da vendeduría xeral que a confraría de pescadores ten na lonxa de Muros.

Primeira venda de todos os produtos da pesca, o control do desembarque e a primeira venda como responsabilidade ao ser titulares da autorización ou concesión da lonxas esta confraría.

IMPLANTACIÓN E POSTA EN FUNCIONAMENTO DO PROXECTO DE MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DAS LONXAS DE GALICIA (PRIMERA-LONXAS), A TRAVÉS DO CONVENIO ASINADO ENTRE ESTA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS, A CONSELLERÍA DO MAR DA XUNTA DSE GALICIA E A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA (AMTEGA).