Noticias
SUBVENCIÓN PARA O PROXECTO DE MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUCTOS NON MARISQUEIROS.
DEPUTACIÓN DA CORUÑA
FO027A: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIONS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2022.
IMPORTE DA SUBVENCIÓN 19.500,00 €
Seguir a mellorar e perfeccionar o servizo de poxa, venda e comercialización dos produtos NON marisqueiros –PEIXE, CRUSTÁCEOS, ETC..- a través da vendeduría xeral que a confraría de pescadores ten na lonxa de Muros.
Primeira venda de todos os produtos da pesca, o control do desembarque e a primeira venda como responsabilidade ao ser titulares da autorización ou concesión da lonxas esta confraría.
IMPLANTACIÓN E POSTA EN FUNCIONAMENTO DO PROXECTO DE MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DAS LONXAS DE GALICIA (PRIMERA-LONXAS), A TRAVÉS DO CONVENIO ASINADO ENTRE ESTA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS, A CONSELLERÍA DO MAR DA XUNTA DSE GALICIA E A AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA (AMTEGA).
ESTA INAUGURACIÓN QUEDA PRORROGADA ATA A SEMANA QUE VEN, PENDENTE DA DATA E HORA CONCRETA QUE COMUNICAREMOS OPORTUNAMENTE:
A CONSELLEIRA DO MAR FARÁ A INAUGURACIÓN OFICIAL da EXPOSICIÓN ARTCYCLING CO LIXO MARIÑO,
onde estarán presentes tamén, a Alcaldesa de Muros, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e Patrón Maior da confraría, así coma os/as compoñentes da Agrupación de Mariscadoras coa súa Presidenta ao fronte.
Acto que se celebrará o XOVES día 23 dos correntes ás 13:30 horas na antiga fábrica conserveira de Sel, situada na rúa Porteliña en Muros, no marco do proxecto conxunto de recollida de lixo mariño, das Confrarías de Muros e O Pindo, financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Nela estará exposto material artístico elaborado con lixo mariño procedente dos bancos marisqueiros de autorización da Confraría de pescadores de Muros, recollido e seleccionado pola Agrupación de mariscadoras/es da Confraría. A elaboración das diferentes pezas corre a conta da Asociación ecoloxista “Mar de Fábula”.
Acto que será público e o cal invitamos a todas aquelas persoas que o desexen, que serán BENVIDOS!!
PESCA MARITIMA DE RECREO EN SUPERFICIE EN ZONAS DE SSERVIZO PORTUARIAS
O DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2022, publica o seguinre:
Portos de Galicia
RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022 pola que modifica a Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba o levantamento da prohibición da práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo portuarias e se aproba o procedemento de declaración responsable para a súa práctica en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento
IF502A).
(Achegamos copia da mesma)
PLAN DE CENTOLA E BOI 2022-23
Facemos pública a Resolución de Consellería do Mar da xunta de Galicia, pola que se aproba o PLAN DE CENTOLA E BOI 2022-23.
Dentro del Convenio de colaboración entre La Asociación Vertidos Cero; para la Prevención, Minimización y Eliminación de los Vertidos y la Cofradía de Pescadores de Muros para el desarrollo del proyecto Mares Circulares 2022, se ha celebrado el pasado viernes día 3 en el salón de actos de la lonja de Muros, un TALLER DE RECICLAJE, donde los asistentes, entre ellos muchos niños, asistieron y presenciaron una demostración práctica de los diferentes procedimientos de elaboración de diversos elementos con plástico reciclado.
Resolución da Xefatura Territorial da Consellería do Mar na Coruña pola que se publica a lista provisional de puntuacións das embarcacións admitidas ao proceso selectivo para o outorgamento da modalidade de navalla/longueirón ao abeiro do plan de xestión para o recurso específico Solénidos, modalidade mergullo en apnea e con subministro de aire dende superficie, da Confraría de pescadores de Muros, e as embarcacións excluídas do proceso.
RESOLVE:
1º. Facer publica a lista provisional de puntuacións das embarcacións admitidas neste proceso selectivo para acceder á modalidade navalla/longueirón no permiso de explotación, ao abeiro do plan de xestión para o recurso específico Solénidos,
modalidade mergullo en apnea e con subministro de aire dende superficie, da confraría de pescadores de Muros (anexo I).
Contra a relación provisional de puntuacións acadadas, as persoas interesadas poderán presentar alegacións ante a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación.
2º. Facer pública a lista definitiva das embarcacións excluídas, así como as causas da súa exclusión (anexo II).
As embarcacións e persoas excluídas poderán presentar contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, un recurso de alzada ante a Conselleira do Mar no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co establecido nos artigos 30, 121 e 122 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
3º. A presente resolución publicarase no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial da Coruña, no taboleiro de anuncios da Xefatura Comarcal de Ribeira e na páxina web http://mar.xunta.gal/. A resolución tamén se exporá, con carácter informativo, no taboleiro de anuncios da confraría de pescadores de Muros.
EXPOSICIÓN ARTCYCLING CO LIXO MARIÑO
No marco do proxecto conxunto de recollida de lixo mariño, das Confrarías de Muros e O Pindo, financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), tendo como obxectivo a sensibilización, concienciación e divulgación sobre o impacto ambiental do lixo mariño, así como iniciar labores de retirada do mesmo, realizarase unha exposición na antiga fábrica conserveira de Sel, situada na rúa Porteliña.
Dita exposición permanecerá aberta ó público os meses de xuño e xullo. Nela estará exposto material artístico elaborado con lixo mariño procedente dos bancos marisqueiros de autorización da Confraría de pescadores de Muros, recollido e seleccionado pola Agrupación de mariscadoras/es da Confraría. A elaboración das diferentes pezas corre a conta da Asociación ecoloxista “Mar de Fábula”.
Con está exposición preténdese cubrir unha das líenas de actuación do proxecto, encamiñada a mellorar a concienciación ambiental, formación e colaboración entre os axentes marítimo-pesqueiros, mediante a elaboración de materiais de divulgación.
A exposición poderá ser visitada en horario de mañá, previa cita concertada ca Confraría de pescadores de Muros por teléfono (981826143), trátase de unha visita guiada, no que aparte de observar as diferentes pezas, impartiranse diferentes explicacións.
A duración da mesma será de aproximadamente media hora, e o número de alumnos máximo por visita e de aproximadamente trinta.
No mesmo día poderanse organizar varios grupos . Esperamos que sexa do seu interese.
Atentamente,
Asdo: Manuel Daniel Formoso Moledo.- PATRÓN MAIOR.
RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DO MAR POLA QUE SE CONCEDEN AXUDAS A PROXECTOS COLECTIVOS FINANCIADOS POLO FONDO EUROPEO E MARÍTIMO DE PESCA (FEMP) PARA A PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS NO MARCO DE ACTIVIDADES PESQUEIRAS SUSTENTABLES MEDIANTE A RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS AO PROXECTO “PROXECTO CONXUNTO DE RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO CONFRARÍAS DE MUROS E O PINDO” PRESENTADO POLA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS, CON NIF G15038508. CONVOCATORIA 2022.
Vista a proposta de resolución efectuada pola Comisión de Selección nomeada por Resolución do 29/04/2022, e ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2021 (DOG núm. 12, do 19 de xaneiro de 2022) pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209F), e reunida en sesión ordinaria con data 6 de maio de 2022 e de conformidade coa normativa de aplicación:
A conselleira do Mar, RESOLVE conceder unha subvención en efectivo (equivalente bruto de subvención) ao seguinte proxecto, cos requisitos e nas condicións que a seguir se sinalan a cuxo cumprimento se compromete o beneficiario coa aceptación da axuda.
II. Plan financeiro:
Importe total da operación
79.497,84€
Importe total subvencionable/
79.497,84€
Importe subvencionable
100%
Porcentaxe de cofinanciamento
Importe privado 0,00 €
Importe da subvención concedida (Público)
TOTAL: 75% FEMP-----------25% Nacional
79.497,84€ 59.623,38€ 19.874,46€
III. Prazo de execución:
Proxecto plurianual (SI/NON) SI Anualidades: 2022 e 2023
Inicio 18/02/2022
Prazo de execución e xustificación. Ano 2022 15/10/2022
Prazo de execución e xustificación. Ano 2023 15/10/2023
PROCESO SELECTIVO DE OUTORGAMENTO DA MODALIDADE NAVALLA/LONGUEIRON.
CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS
A Consellería do Mar, publica hoxe a RESOLUCIÓN da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, pola que se convoca o proceso selectivo para o outorgamento da modalidade de Navalla/Longueirón ao abeiro do plan de xestión para o recurso específico de Solénidos, modalidade mergullo en apnea e con subministro de aire dende superficie, da Confraría de pescadores Muros
PLAN EXPERIMENTAL PARA A XESTIÓN DO POLBO 2022-2023
Publicada a Resolución pola que se apruoba o Plan Experimental para a xestión do Polbo con Nasa para a campaña 2022/2023.
Dentro desta plan recóllese o período de veda para o polbo para o ano 2022, que abranguerá dende as 16,00 horas do 20 de MAIO ata as 05,00 horas do 4 de XULLO de 2022.