Administración Local
Provincial
Deputación Provincial da Coruña
Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego. Sección de Promoción Económica e Emprego
Resolución de aprobación da concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa de subvencións a confrarías de pescadores, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da Provincia da Coruña (FO027A)
ANUNCIO
RP número 27648 de data 5 de xuño de 2025 de concesión definitiva do programa FO027A.
Por resolución da Presidencia número 2025/27648, de 5 de xuño de 2025, aprobouse a concesión definitiva do
programa de subvencións dirixido a confrarías e pescadores, federacións de confrarías e agrupación de mariscadoras e mariscadores da provincia da Coruña para actividades no ano 2025, co seguinte texto:
RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONFRARÍAS DE PESCADORES, FEDERACIÓNS DE CONFRARÍAS E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS E MARISCADORES DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES NO ANO 2025 (FO027A)
Don VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO, Presidente da Deputación Provincial da Coruña,
RESOLVO:
Primeiro.- Aprobar a concesión das subvencións correspondentes ao PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONFRARÍAS DE PESCADORES, FEDERACIÓNS DE CONFRARÍAS E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS E MARISCADORES DA PROVINCIA DACORUÑA PARA ACTIVIDADES NO ANO 2025 (FO027A), aos entidades sen animo de lucro seguintes:
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS
NIF: G15038508
Cod. Exp.:2024000047327
Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS RECURSOS NON MARISQUEIROS.
Importe subvención: 24.000,00€
Coeficiente: 0,8000
Presuposto Subvencionado que se ha xustificar: 30.000,00€