Proxectos
Administración Local
Provincial
Deputación Provincial da Coruña
Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego. Sección de Promoción Económica e Emprego
Resolución de aprobación da concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa de subvencións a confrarías de pescadores, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da Provincia da Coruña (FO027A)
ANUNCIO
RP número 27648 de data 5 de xuño de 2025 de concesión definitiva do programa FO027A.
Por resolución da Presidencia número 2025/27648, de 5 de xuño de 2025, aprobouse a concesión definitiva do
programa de subvencións dirixido a confrarías e pescadores, federacións de confrarías e agrupación de mariscadoras e mariscadores da provincia da Coruña para actividades no ano 2025, co seguinte texto:
RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONFRARÍAS DE PESCADORES, FEDERACIÓNS DE CONFRARÍAS E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS E MARISCADORES DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES NO ANO 2025 (FO027A)
Don VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO, Presidente da Deputación Provincial da Coruña,
RESOLVO:
Primeiro.- Aprobar a concesión das subvencións correspondentes ao PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CONFRARÍAS DE PESCADORES, FEDERACIÓNS DE CONFRARÍAS E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS E MARISCADORES DA PROVINCIA DACORUÑA PARA ACTIVIDADES NO ANO 2025 (FO027A), aos entidades sen animo de lucro seguintes:
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS
NIF: G15038508
Cod. Exp.:2024000047327
Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS RECURSOS NON MARISQUEIROS.
Importe subvención: 24.000,00€
Coeficiente: 0,8000
Presuposto Subvencionado que se ha xustificar: 30.000,00€
DIVULGACIÓN “PROXECTO CONXUNTO RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO CONFRARÍAS DE MUROS E O PINDO”.
O abeiro da ORDE do 29 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa
participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo
Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (código de procedemento
PE209F)
O proxecto foi aprobado a través da resolución PE209F-2024/00009 e ten unha vixencia que abrangue dende o11 de outubro de 2024 ata o 15 de novembro de 2025.
|
KILOS |
PLÁSTICO |
METAL |
GOMA |
TEXTIL |
VIDRIO /CERÁMICA |
PRODUCTOS NATURAIS |
ESPUMA |
OUTROS |
|
Praia de Abelleira 10/12/2024 |
481,5 |
19,5 |
18 |
35,5 |
28,5 |
30,0 |
33 |
0,5 |
|
Praia de Ventín 10/12/2024 |
285,5 |
13 |
6 |
2 |
8 |
57,5 |
114,5 |
1 |
|
Praia de Esteiro 05/02/2025 |
785,2 |
93,5 |
33,5 |
31,5 |
70 |
138,5 |
17,5 |
6,5 |
|
Praia de Abelleira 06/02/2025 |
647,5 |
70 |
57,5 |
32 |
42 |
60,0 |
24 |
19 |
|
Praia de Abelleira 07/02/2025 |
386 |
23,5 |
31,5 |
31 |
37 |
40,5 |
14 |
1 |
|
Praia de Virxe 07/02/2025 |
271,5 |
59,5 |
17,5 |
43 |
71 |
25,5 |
14,5 |
19 |
|
Praia de Abelleira 04/04/2025 |
538,5 |
7,5 |
16 |
8 |
4,5 |
15,0 |
11,5 |
|
|
Praia de Virxe 04/04/2025 |
238 |
38,5 |
14,5 |
20 |
22 |
10 |
7 |
|
|
Praia de Abelleira 15/05/2025 |
460,5 |
60,5 |
12,5 |
26 |
55 |
36,0 |
106 |
|
|
Praia de Virxe 15/05/2025 |
232 |
12 |
31,5 |
35,5 |
14,5 |
15 |
6,5 |
|
|
KG TOTAIS POR PRAIA |
PLÁSTICO |
METAL |
GOMA |
TEXTIL |
VIDRIO /CERÁMICA |
PRODUCTOS NATURAIS |
ESPUMA |
OUTROS |
|
Praia de Abelleira |
2514 |
181 |
135,5 |
132,5 |
167 |
413 |
188,5 |
20,5 |
|
Praia de Ventín |
285,5 |
13 |
6 |
2 |
8 |
57,5 |
114,5 |
1 |
|
Praia de Esteiro |
785,2 |
93,5 |
33,5 |
31,5 |
70 |
138,5 |
17,5 |
6,5 |
|
Praia da Virxe |
503,5 |
110 |
63,5 |
98,5 |
107,5 |
50,5 |
28 |
19 |
|
TOTAL |
4.088,2 |
397,5 |
238,5 |
264,5 |
352,5 |
659,5 |
348,5 |
47 |
DIVULGACIÓN “PROXECTO COLECTIVO DE XESTIÓN DOS RECURSOS MARISQUEIROS”.
Ao abeiro da ORDE do 2 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable (código de procedemento PE209P), a Confraría de Muros presentou o proxecto denominado “PRODECTO COLECTIVO DE XESTIÓN DOS RECURSOS MARISQUEIROS”.
O proxecto foi aprobado a través da resolución PE209P-2024/00040 e tenunha vixencia que abrangue dende o1 de xullo de 2024 ata o 30 de xuño de 2025.
Este proxecto foi concedido por un importe de 96.977,99 € cofinanciado nun70% con fondos FEMP e nun 30% pola Comunidade Autónoma de Galicia, para a contratación dunha asistencia técnica e de catro gardapescas marítimos, así como para a adquisición dun visor monocular nocturno .
Xornada informativa de divulgación do proxecto Procedemento PE209P
|
CONVOCATORIA: ANO 2024 |
|
ENTIDADE/ENTIDADES BENEFICIARIAS: CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS |
|
EXPEDIENTE: PE209P-2024/00040 |
|
NOMEDO PROXECTO: PROXECTO COLECTIVO DE XESTIÓN DOS RECURSOS MARISQUEIROS |
|
PERSOA RESPONSABLE DA XORNADA: MARIA BAÚLO SANTOS |
|
DATA DA CELEBRACIÓN DA XORNADA DE DIVULGACIÓN: 2 de xuño de 2025 |
|
RESPONSABLE LEGAL: MANUEL DANIEL FORMOSO MOLEDO |
|
CARGO: PATRÓN MAIOR |
Os principais obxectivos deste proxecto son: o fomento de unha mellor co-xestión dos recursos e hábitats costeiros de importancia para a produción e reproducción dos organismos mariños dun xeito responsáble, equilibrado e sustentable, a recuperación na medida do posible das zonas de produción e polo tanto de todo o entorno mariño, a mellora da calidade de vida dos mariscadores e mariscadoras e un maior coñecemento e concienciación ambiental do entorno no que traballan. Seguimento do esta do ambiental do ecosistema mariño a través das especies conspicuas e das alóctonas.
Coma obxectivos específicos do proxecto:
- Asesoramento técnico á xestión; vixilancia e control do acceso aos recursos mariños.
- Mellora das condicións ambientais dos habitas costeiros.
- Concienciación do sector da importancia de realizar o seu traballo de maneira sustentable.
- Concienciación do sector da importancia de protexer e potenciar os habitas costeiros.
- Diversificación dos recursos a extraer, atendendo a épocas de maior demanda.
- Recompilación de datos tanto de captura como da situación dos bancos e dos stocks de cada unha das especies comerciais.
- Recompilación de datos de especies non comerciais conspícuas e alóctonas en aplicación dos descritores definidos pola directiva marco para describir o bo estado medio ambiental das zonas.
- Formación de socios.
- Mellora na comercialización.
- Loita contra a contaminación.
ACTIVIDADES REALIZADAS POLA ASISTENCIA TÉCNICA 2024-2025
- Mostraxe dos bancos marisqueiros da área da entidade, cunha periocidade como mínimo semestral, de acordo coa importancia do banco, nivel de datos disponibles, etc., salvo outra periodicidade requirida pola Administración.
- Mostraxes menos formais e máis frecuentes en bancos marisqueiros, atendendo principalmente á proporción de individuos de talla legal na poboación e ao tamaño medio dos exemplares.
- Mostraxes puntuais no caso de episodios de mortalidade nos bancos marisqueiros.
- Tratamento das mostras obtidas, densidades por especie e estación de mostraxe, a partir de esta obtemos a densidade media do banco (intervalo de confianza o 95%). Talla de cada un dos individuos recollidos durante as mostraxes, histogramas de tallas, relación talla-peso. Obtención do máximo rendemento en kg por especie e banco. (Ferramenta informática AROUSA).
- Cálculo do índice de condición do ourizo de mar, nos meses que extraen para a venda.
- Remisión de informes das mostraxes aos servizos técnicos do departamento territorial correspondente da Consellería do Mar (un mínimo de dous informes anuais cada 6 meses). Subida dos datos a ftp do INTECMAR.
- Asesoramento á entidade para a explotación racional do recurso.
- Reunións cos diferentes sectores para informar do estado do recurso, aconsellar períodos de aperturas, posibles peches de zonas, acordar topes…...,
- Información e formación dos mariscadores e mariscadoras no coñecemento do medio no que traballan e respecto ambiental.
- Elaboración, xestión técnica e seguimento dos plans de explotación da entidade.
- Obtención da CPUE diaria de cada especie, a partir dos datos diarios do número de mariscadores e da captura total de cada especie-recurso para ter unha estimación indirecta do estado dos bancos.
- Remisión mensual dos cadros de captura (CPUE) ao departamento territorial para as aperturas mensuais. Subida dos datos a ftp do INTECMAR.
- Toma de tallas dos exemplares capturados nos puntos de control e lonxa.
- Recollida e envío de mostras de bivalvos solicitados por o Intecmar.
- De ser necesario se poderán coordinar outros proxectos Femp.
- Presenza nos puntos de control. Control de horarios e capturas dos plans de explotación en Autorizacións, recursos específicos e plans de explotación en Libre marisqueo.
ACTIVIDADES REALIZADAS POLO SERVIZO DE VIXILANCIA 2024-2025
- Vixilancia dos bancos marisqueiros do ámbito territorial da Confraría ,tanto a nivel de furtivismo como de posibles vertidos contaminantes.
- Participación no plan de “nasas de polbo”, punto de control de capturas.
- Formulación de denuncias por infraccións, tramitadas a través da Consellería do Mar.
- Control das mariscadoras que se dedican a mexilla así baixo estrito cumprimento dos convenios asinados cos bateeiros.
- Axuda a asistencia técnica na recollida de mostras.
Por respectivas Resolucións da Conselleira do Mar e ó abeiro da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitada como expediente anticipado de gasto (Código de procedemento PE209G), fóronlle concedidas á Confraría de Pescadores de Muros, dúas axudas para os proxectos colectivos que se indican:
1.- Proxecto colectivo “EQUIPAMENTO PARA MELLORA DO TRABALLO E SEGURIDADE NO PORTO E LONXA DE MUROS”.
- Importe: CINCUENTA E CATRO MIL DOUS CENTOS OITO EUROS (54.208,00 €)
II. Plan financeiro
Importe total do proxecto 54.208,00 €
Importe solicitado subvencionable 54.208,00 €
Porcentaxe da subvención 100%
Importe da subvención concedida 54.208,00 €
Importe público FEMPA (70%): 37.945,60 € C.A.(30%): 16.262,40 €
Importe privado 0,00 €
IV. Conceptos subvencionables
Ano 2024
|
Concepto Importe solicitado
|
Importe
|
Subvencionado |
|
1 Carretilla elevadora. Bobcat B20T-7 Plusde tres rodas
|
54.208,00 € |
54.208,00 €
|
|
TOTAL |
54.208,00 € |
54.208,00 € |
TOTAL 2024: 54.208,00 €
2.- Proxecto colectivo “MELLORA DO CONTROL E CALIDADE DA PESCA DE MUROS"
- Importe: TRES CENTOS NOVE MIL TRES CENTOS VINTE E CATRO CÉNTIMOS CON DEZASEIS CÉNTIMOS (309.324,16 €).
II. Plan financeiro
Importe total do proxecto 309.324,16 €
Importe solicitado subvencionable 309.324,16 € Porcentaxe da subvención 100%
Importe da subvención concedida 309.324,16 €
Importe público FEMPA (70%): 216.526,91 € C.A.(30%): 92.797,25 €
Importe privado 0,00 €
V. Conceptos subvencionables
Ano 2024
|
Concepto Importe solicitado |
Importe |
Subvencionado
|
|
1 MÁQUINA DE XEO COMPACTA 1 FREGADORA_LIMPIADORA 2 EQUIPOS DE PESAXE. BÁSCULAS E PLATAFORMAS 160 LOSETAS 50 PALETS TOTAL |
114.345,00 € 11.074,65 €
7.971,48 € 3.198,27 € 672,76 €
137.262,16 € |
114.345,00 € 11.074,65 €
7.971,48 € 3.198,27 € 672,76 €
137.262,16 € |
Ano 2025
|
Concepto Importe solicitado |
Importe |
Subvencionado |
|
SILO ORBITAL DE XEO PARA ALMACENAMENTO DE XEO
|
172.062,00 € |
172.062,00 €
|
|
TOTAL |
172.062,00 € |
172.062,00 € |
TOTAL 2024-2025: 309.324,16 €
AXUDA PARA REMOCIÓN DE SUSTRATO E SEMENTEIRA DE AMEIXA BABOSA NO BANCO A FLOTE DA PRAIA DA VIRXE”.
CONFRARIA DE PESCADORES DE MUROS
Ao abeiro da ORDE de 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria do ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209H) (DOG núm. 19 do 27-01-2023), a CONSELLERÍA DO MAR DA XUNTA DE GALICIA resolve conceder á CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS a axuda solicitada para proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños, á entidade e cos detalles que se indican á continuación:
Concepto Importe: Adquisición de 800.000 uds de semente de ameixa babosa 12-15 mm
Importe concedido 13.600,00 €
Condición:
- Debe realizar acondicionamento previo do sustrato
- Debe realizar un control ao mes da sementeira e un seguimento en primavera e outono, conforme ás indicacións que lle impartirá o biólogo de zona.