AXUDAS A PROPIETARIOS DE BUQUES PESQUEIROS.
AXUDAS A PROPIETARIOS DE BUQUES PESQUEIROS.
O Diario Oficial de Galicia do venres 13 de xaneiro de 2023, publica a ORDE da Conselklería do Mar do 19 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2023, tramitados como expedientes anticipados de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C e PE120E).
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, e a convocatoria para 2023, de axudas destinadas á realización de actuacións por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva. Os códigos dos procedementos administrativos regulados por esta orde son os seguintes:
– PE120A, para axudas que limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies.
– PE120B, para axudas que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros.
– PE120C, para axudas en eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático.
– PE120E, para axudas que aumenten o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización de capturas non desexadas.
Prazo de presentación das solicitudes
Para esta convocatoria de 2023 o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230113/AnuncioG0427-211222-0001_gl.html