ELECCIÓNS XERAIS Á VOGAIS DA XUNTA XERAL DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS

ELECCIÓNS XERAIS Á VOGAIS DA XUNTA XERAL DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

ELECCIÓNS XERAIS A VOGAIS  DA XUNTA XERAL DA

CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS:

Consonte establece o Calendario Electoral vixente para estas eleccións, o prazo para presentación de candidaturas a membros (vogal) das distintas agrupacións e sectores que compoñerán a xunta xeral da confraría de pescadores de Muros, queda establecido desde o 27/09/2022 ata o 04/10/2022.

Para a presentación de candidaturas, hai que ter en conta o establecido na ORDE do 29 de abril de 2014 pola que se regulan as eleccións para a renovación dos órganos reitores de confrarías de pescadores de Galicia e das súas federacións. (DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014), concretamente no seu artigo 15º, relativo a confección de candidaturas, onde dispón:

1. As candidaturas para participar no proceso electoral das confrarías de pescadores responderán ao sistema de listaxes abertas.

2. Estas candidaturas presentaranse ante a comisión electoral dentro dos sete días seguintes

á aprobación do censo electoral definitivo.

3. As candidaturas son individuais para efectos de votación e escrutinio, aínda que poden agruparse en listas por sectores de produción, para os efectos da súa presentación e campaña electoral.

4. No caso das persoas xurídicas inscritas, o/a candidato/a a vogal será a propia persoa xurídica, que estará personificada na xunta xeral (no caso de resultar elixida) pola persoa que figure como representante legal no censo de membros.

5. Para os efectos de presentación de candidaturas, con independencia do número de membros asociados e embarcacións en propiedade, cada parte armadora poderá presentar

unha única candidatura.

6. O escrito de presentación de cada candidato/a deberá expresar: colectivo, sector de produción e tipo de candidatura a membro de xunta xeral e/ou a vogal por elección de agrupación, con indicación do seu nome, apelidos e DNI; así mesmo, incluirá unha declaración responsable do cumprimento das condicións de elixibilidade e axustarse ao modelo que se publica en:

http://www.medioruralemar.xunta.es/mar/o_sector/proceso electoral confrarías/.

Estes modelos que aquí publicamos, tamén poden recollerse nas oficinas da confraría de pescadores de Muros, así como descargarse na páxina web da confraría: https://www.lonxasgalegas40.gal/muros/.