Comercialización

A Confraría de Baiona encárgase da primeira venda e distribución dos produtos do mar extraídos polos seus asociados mediante poxa en lonxa ou ben directamente a empresas intermediarias, tanto almacenistas como comerciantes polo miúdo, mediante acordos de venda.

Os produtos comercializados a través da Confraría son garantía de pesca artesanal, sustentable e responsable co medio ambiente, de orixe galega e coa máxima calidade e frescura.