Listado de proyectos
Proyectos
Proxectos
APROBACIÓN DO PROXECTO "XESTIÓN E PROTECCIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS NA ÁREA COSTEIRA DA CONFRARÍA DE BAIONA"
2 Xaneiro 2024
A Consellería do Mar concedeulle a esta confraría unha axuda, financiada polo FEMPA, para reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal, cun prazo de execución dende o 01 de xullo de 2023 ao 30 de xuño de 2024, e un importe de 140.228,8€ (financiado nun 70% polo FEMPA e nun 30% pola C.A.)
XORNADA DIFISIÓN PROXECTO XESTIÓN E CONSERVACIÓN ÁREAS COSTEIRAS
21 Xuño 2023
O XOVES 29, ÁS 13:00H, NO AULA DE FORMACIÓN DESTA CONFRARÍA, CELEBRARASE UNHA XORNADA DE DIFISIÓN DE RESULTADOS DO PROXECTO DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DO ÁMBITO TERRITORIAL DESTA ENTIDADE DURANTE O PERÍODO 2021-2023.
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE VEÍCULOS DE VIXILANCIA E OUTROS INVESTIMENTOS
19 Xuño 2023
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu unha axuda de 30.000€ a esta confraría, a través dun proxecto presentado ao abeiro das bases publicadas no BOPPO Nº 29, do venres 10 de febreiro de 2023. Dito proxecto contempla unha serie de investimentos para mellorar os servizos prestados ás persoas asociadas, dotando de vehiculos ao servizo de vixilancia e realizando remodelacións nas instalacións de lonxa e oficinas.
PROXECTO 2022 INVESTIMENTOS PARA MELLORA DOS SERVIZOS PRESTADOS
20 Septembro 2022
A Deputación de Pontevedra publicou no BOPPO número 69 do 08/04/2022 as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, Federación de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia. A Confraría de Baiona recibirá unha axuda por valor de 13.377,72€ mediante un proxecto presentado pola entidade ao abeiro de dita liña de axudas da deputación, para a mellora dos servizos prestados ás socias e socios da entidade, a través da aquisición de novos equipos para o servizo de vixilancia e outro equipamento destinado ás instalacións da lonxa e oficinas.
PROXECTO PARA XESTIÓN E CONSERVACIÓN DAS ÁREAS COSTEIRAS 21_23
9 Novembro 2021
A Consellería de Mar resolveu, con data do 05 de novembro de 2021, concederlle a esta entidade unha axuda de 278.237,37€, financiada polo FEMP nun 75%, aprobando deste xeito o proxecto colectivo presentado pola confraría de Baiona. Dito proxecto propón medidas para protexer e recuperar a biodiversidade mariña a través de melloras na xestión e conservación dos recursos mariños e os ecosistemas, e ten un prazo de execución de 24 meses (do 01 de xullo de 2021 ata o 30 de xuño de 2023).
Aprobado o Proxecto para mellora das condicións de traballo na lonxa de Baiona
14 Xullo 2021
A Consellería do Mar aprobou a CONCESIÓN dunha axuda de 26.218€ dentro do proxecto colectivo elaborado por esta confraría no marco da Orde do 19 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras xerais de axudas para proxectos de modernización de infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo. e da calidade e do control da rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca. Dita axuda está cofinanciada polo FEMP: Prioridade 1: ; O.E. 1.d). Fomento da competitividade e viabilidade das empresas do sector da pesca, con inclusión da pesca costeira artesanal, e mellora das condicións de seguridade e traballo; MEDIDA 1.4.9: Portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e ancoradoiros 75% FEMP - 25% Comunidade Autónoma. No marco do proxecto, que ten coma finalidade a mellora da seguridade e das condicións de traballo, aqduÍrense 1 CARRETILLA ELEVADORA e 1 TRANSPALETA
PROXECTO INVESTIMENTOS PARA MELLORA DE SERVIZOS
30 Xuño 2021
A Deputación de Pontevedra publicou no BOPPO número 66 do 09/04/2020 as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, á Federación de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia. Esta Confraría de Baiona solicitou a través dun proxecto axudas para realizar investimentos para mellorar os servizos prestados ás persoas asociadas (servizo de vixilncia, lonxa e outros). A Confraría de Baiona recibirá para esta finalidade un total de 7.595,96 €, que supón un 80% do orzamento do proxecto solicitado.
Proxecto para xestión áreas costeiras 20_21
1 Xullo 2020
A Consellería de Mar resolveu, con data do 19 de agosto de 2020, conceder a esta entidade unha axuda de 121.814 €, financiada polo FEMP nun 75%, aprobando deste xeito o proxecto colectivo presentado pola confraría de Baiona. Dito proxecto propón medidas para protexer e recuperar a biodiversidade mariña mellorando a xestión e conservación dos recursos mariños e os ecosistemas, e ten un período de vixencia de 12 meses (de xullo de 2020 a xuño de 2021).
XORNADA DE DIVULGACIÓN DO PROXECTO PE209C 2019F 023
3 Xuño 2020
DIVULGACIÓN DO PROXECTO DO PROXECTO COLECTIVO, FINANCIADO POLO FEMP, PARA A PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DA BIODIVERSIDADE MARIÑA A TRAVÉS DA XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS. ESTA DIVULGACIÓN WEB SUBSTITÚE Á XORNADA INFORMATIVA PROGRAMADA, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA E AS OBRIGADAS RESTRICIÓNS SOCIAIS.
DIVULGACIÓN PROX. PE209C 2019F 023.p
27 Maio 2020
Proxecto para xestión áreas costeiras 19_20
10 Outubro 2019
Proxecto para a xestión das áreas costeiras
20 Decembro 2018