Proyectos

Esta entidade está a desenrolar o proxecto EMPRENDIMIENTO 23, que pertence ó programa PLAN SOCIAL ENCE 2023, financiado ENCE.

O obxectivo desta axuda é o emprendemento e innovación de cara a mellorar as instalacións da confraría de Bueu. Para unha xestión máis eficiente dos recursos naturais que esta confraría explota no entorno da Ría de Pontevedra. #enceplansocialpontevedra

PROXECTO COLECTIVO DA CONFRARÍA DE BUEU PARA UNHA XESTIÓN RESPONSABLE E SOSTIBLE DOS RECURSOS MARISQUEIROS QUE PERMITA A PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DOS HABITATS COSTEIROS, ESPECIALMENTE DOS SUXEITOS A PROTECCIÓN E PARA O FOMENTO DA SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL (PE209P-2023F-001)

 

ENTIDAD BENEFICIARIA: Confraría de pescadores "San Martiño" de Bueu

PERÍODO DO PROXECTO: 1 xullo 2023 - 30 xuño 2024

IMPORTE DA SUBVENCIÓN CONCEBIDA: 47.004 EUROS ( inclúe a contratación dun técnico e dun gardapesca)

OBXECTIVOS: Xestión responsable e sostible dos recursos marisqueiros

RESULTADOS: Melloras na xestión por seguimento da actividade extractiva, control de tallas… e vixilancia máis efectiva contra o furtivismo.

 

PROGRAMA OPERATIVO FEMPA 2021-2027

Proxecto financiado polo FEMPA nun 70%

ComerArt

A Confraría de Bueu promove o proxecto ComerArt que vai a consistir en poñer en valor a pesca costeira artesanal a través da promoción da cultura mariñeira artesanal, a mellora dos servizos ofertados ao sector na lonxa e da comercialización dos produtos da pesca costeira artesanal.

A finalidade do proxecto e poñer en valor a importancia da pesca costeira artesanal, para favorecer a comercialización dos seus produtos en con elo, mellorar as condicións dos participantes na cadea de comercialización dos produtos procedentes da pesca artesanal.

O proxecto foi aprobado polo GALP Ría de Pontevedra, e está cofinanciado polo FEMPA.

Total subvencionado   133.499,75€

       70% FEMPA   93 449,83€

       30% Comunidade Autónoma    40.049,93€

 

 

 

Esta entidade está a desenrolar o proxecto EMPRENDIMIENTO 23, que pertence ó programa PLAN SOCIAL ENCE 2023, financiado ENCE.

O obxectivo desta axuda é o emprendemento e innovación de cara a mellorar as instalacións da confraría de Bueu. Para unha xestión máis eficiente dos recursos naturais que esta confraría explota no entorno da Ría de Pontevedra. #enceplansocialpontevedra

Os investimentos realizados foron:

  • Investimentos para mellorar os servizos prestados
    • Melloras no carro do varadoiro.
    • Adquisición dun automóvil
  • Comercialización e valorización
    • Adquisición de caixas de peixe

Importe investimento: 42.876,22 €

Importe concedido: 30.000,00 €

Esta entidade está a desenrolar o proxecto EMPRENDIMIENTO 23, que pertence ó programa PLAN SOCIAL ENCE 2023, financiado ENCE.

O obxectivo desta axuda é o emprendemento e innovación de cara a mellorar as instalacións da confraría de Bueu. Para unha xestión máis eficiente dos recursos naturais que esta confraría explota no entorno da Ría de Pontevedra. #enceplansocialpontevedra

DESENROLO

Principais obxectivos do proxecto: 

Mellorar a calidade dos produtos procedentes da pesca artesanal grazas á mellora no illamento das cámaras de fresco da lonxa de Bueu o que da lugar a un mantemento constante da temperatura de conservación, sen cambios bruscos que afecten á calidade dos produtos que se atopan almacenados no seu interior.
Dividir a cámara de conservación de produto fresco en dúas zonas, zona de pescado e zona de bivalvos. Esta separación mellora o control das distintas liñas de produtos comercializados a través da lonxa de Bueu
Reducir o custe de electricidade consumida pola instalación frigorífica da Lonxa de Bueu e mellorar a eficiente enerxética da mesma

Obxectivos  específicos:

  • Modernizar a cámara frigorífica de conservación de produto fresco mediante substitución dos de paneis actuais que se atopan en mal estado, por outros de máis espesor e mellor illamento.
  • Substituír a porta frigorífica de corredera por unha nova en bo estado que non teña perdas térmicas.
  • Arranxar as filtración de auga e térmicas do chan, xa que xeran unha perda térmica moi elevada e deterioran a calidade do produto conservado
  • Dividir a cámara de conservación de produto fresco en dúas zonas. Zona pescado e zona bivalvos.

 

PRAZO DE EXECUCIÓN

Prazo total (meses): 2

Anualidades: 2023

Data fin de execución: 01/10/2023

 

INFORMACIÓN ECONÓMICA DO PROXECTO

Importe total do proxecto: 86.284,35 €

Importe total subvencionable:  86.284,35 €

% Subvención:  100

Financiadores

Expediente cofinanciado pola Unión Europea - Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

Porcentaxe cofinanciamento da medida. 75% FEMP - 25% Comunidade Autónoma.

DESENROLO

Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo do proxecto e dar un mellor servizo de xeo ao sector da pessca e comercializadores, para conservar de forma axeitada os seus produtos. Para elo, instalarase unha máquina de xeo Geneglace F90 V de ata 2,2 mm de espesor de escama e produción 3,5 TN/24 horas.

Deste xeito, a confraría de Bueu disporá dunha produción de xeo de elevada calidade adaptada á demanda dos produtores e/ou clientes, co fin de manter os produtos da pesca en óptimas condicións de conservación, o que facilita a súa comercialización

 

PRAZO DE EXECUCIÓN

Prazo total (meses): 2

Anualidades: 2023

Data fin de execución: 01/10/2023

 

INFORMACIÓN ECONÓMICA DO PROXECTO

Importe total do proxecto: 51.819,66 €

Importe total subvencionable:  51.819,66 €

% Subvención:  100

Financiadores

Expediente cofinanciado pola Unión Europea - Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

Porcentaxe cofinanciamento da medida. 75% FEMP - 25% Comunidade Autónoma.

DESENROLO

Principais obxectivos do proxecto: 

Reducir o custe da electricidade consumida pola instalación frigorífica da Lonxa de Bueu e mellorar a eficiencia enerxética da mesma.

Obxectivos  específicos:

Eliminar as resistencias de desxeo: encargadas de evitar a acumulación de xeo nas cámaras frigoríficas e con un elevado consumo enerxético.

  • Instalación dun novo método que utiliza o calor xerado pola instalación frigorífica para quentar un gas que evitará a acumulación de xeo.
  • Mellorar a eficiencia enerxética evitando a perda de enerxía.
  • Redución do consumo eléctrico.

 

PRAZO DE EXECUCIÓN

Prazo total (meses): 2

Anualidades: 2023

Data fin de execución: 01/10/2023

 

INFORMACIÓN ECONÓMICA DO PROXECTO

Importe total do proxecto: 11.602,94 €

Importe total subvencionable:  11.602,94 €

% Subvención:  100

Financiadores

Expediente cofinanciado pola Unión Europea - Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)

Porcentaxe cofinanciamento da medida. 75% FEMP - 25% Comunidade Autónoma.