De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Mar, de data 8 de abril de 2025, pola que se concede unha axuda para o proxecto “RESTAURACIÓN DA BIODIVERSIDADE DA SUBZONA B DO BANCO DA CHEMINEA E OS CASTROS” (Nº de expediente PE209B 2025-00031), presentado pola Confraría de Pescadores de Cangas (NIF: G36014389), ao abeiro da Orde do 11 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables, concédese unha axuda por importe de 29.345,80 euros.
A porcentaxe da subvención acada o 100 % do investimento, dos cales o 70 % proceden de fondos FEMPA e o 30 % da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxectivos xerais: Recuperar a ecosistema altamente afectado e a súa biodiversidade natural.
Obxectivos específicos:
1.- Crear un protocolo de sementeira para este organismo.
2.- Caracterizar a biodiversidade da zona a recuperar en el intermareal.
3.- Recuperar unha zona de reprodutores e cría de ourizo e outras especies acompañantes do hábitat.
4.- Crear unha metodoloxía e seguimento para este intermareal.
5.- Retirar o lixo das zonas. Maior concienciación ciudadana.
Resultados esperados:
Trátase dun proxecto que permitirá recuperar a biodiversidade da zona, tanto de ourizo coma doutras especies asociadas. O proxecto axudará a caracterizar as especies que forman parte do ecosistema na costa afectada e establecer un modelo de xestión adecuada. Esta experiencia servirá de base para os posteriores proxecto de rexeneración deste recurso tanto na propia confraría coma no resto de entidades que teñen planes de explotación deste recurso. Por outro lado a divulgación da acción que se vai a levar a cabo servirá para fomentar a importancia de preservación destes banco intermareales.