RESTAURACIÓN DA BIODIVERSIDADE DA SUBZONA B DO BANCO DA CHEMINEA E OS CASTROS

Enviado por 78737876k o Mar, 29/07/2025 - 10:45
CARTEL AXUDAS
IMAXE 1

De conformidade co disposto na Resolución da Consellería do Mar, de data 8 de abril de 2025, pola que se concede unha axuda para o proxecto “RESTAURACIÓN DA BIODIVERSIDADE DA SUBZONA B DO BANCO DA CHEMINEA E OS CASTROS” (Nº de expediente PE209B 2025-00031), presentado pola Confraría de Pescadores de Cangas (NIF: G36014389), ao abeiro da Orde do 11 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables, concédese unha axuda por importe de 29.345,80 euros.

A porcentaxe da subvención acada o 100 % do investimento, dos cales o 70 % proceden de fondos FEMPA e o 30 % da Comunidade Autónoma de Galicia.