PROXECTO PARA A CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS VIVOS E DOS SEUS ECOSISTEMAS DA CONFRARÍA DE MUGARDOS PARA OS ANOS 2021/2023

PROXECTO PARA A CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN DOS RECURSOS MARIÑOS VIVOS E DOS SEUS ECOSISTEMAS DA CONFRARÍA DE MUGARDOS PARA OS ANOS 2021/2023

 

A Consellería  do Mar concedeu á Confraría de Mugardos unha axuda, financiada nun 75% polo FEMP, para a realización de proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas.

 

PE209  C-2021  F-050. "Proxecto para a conservación e protección dos recursos mariños vivos e dos seus ecosistemas da Confraría de Mugardos para os anos 2021/2023". 

 

Importe total concedido: 121.802,59 € 
Anualidade 2021: 31.767,31 €
Anualidade 2022: 60.023,52 €
Anualidade 2023: 30.011,76 €
Importe público FEMP (75%): 91.351,94 €
Importe público  C.A. (25%): 30.450,65 €


Prazo: Desde o 1 de xullo de 2021 ata o 30 de xuño de 2023


Obxecto da operación:
a) Elaboración e seguimento dos plans de  co-xestión de recursos mariños vivos. Avaliación do estado de conservación e da biodiversidade nas paraxes de Natura 2000, nas zonas mariñas protexidas e nos hábitats costeiros de importancia para os organismos mariños.
b) Optimización e seguimento dunha correcta xestión dos recursos biolóxicos mariños. Análise dos descritores definidos na Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña. Cartografado dos hábitats e das especies, especialmente das exóticas invasoras. Seguimento e vixiancia dos hábitats e das especies. Cartografado da actividade extractiva realizada polos socios da entidade. Seguimento de indicadores de abundancia, da composición específica das capturas e da súa estrutura de tamaños.
c) Formación dos pescadores/ as orientada a adquirir novas competencias vinculadas a unha mellor xestión e conservación dos recursos mariños vivos e dos ecosistemas en que viven.
d) Aumento da sensibilización ambiental coa participación directa dos/as pescadores/as, que pode incluír campañas de divulgación.
e) Contribución á vixiancia epidemiolóxica: envío de mostras ao Intecmar para coñecer o estado sanitario das augas e especies marisqueiras.
f) Operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies, que se levarán a cabo establecendo condicións de acceso ás zonas de pesca.