Proyectos
O pasado 30 de xuño rematou o proxecto “Proxecto para a conservación e restauración dos recursos mariños vivos e os ecosistemas da confraría de Mugardos para os anos 2025-2026” mediante o cal a nosa entidade levou a cabo a contratación dun guardapescas e dunha asistencia técnica.
Ao longo do periodo de execución do proxecto (que abarcou dende o 1 de xullo do 2025 ata o 30 de xuño do 2026), o gardapesca mariño procedeu á expulsión dun total de 42 persoas que mariscaban de xeito ilegal na zona de autorización de confraría, abriu un parte de denuncia e devolveu ao mar un total de 42,200 Kg de ameixa incautada. Tamén colaborou co persoal de Gardacostas noutras tarefas de control de furtivismo dentro da ría.
Por outra parte, a asistencia técnica realizou as mostraxes semestrais de control dos bancos de marisqueo a pé, mostraxes de control de sementeira, controis de talla en lonxa, rexistro de datos oceanográficos, mostraxes de zamburiña a flote e solénidos nos plans de xestión conxunta nos que participa a entidade e a planificación, presentación e execución de proxectos de mellora e coidado dos bancos.
O proxecto tivo un orzamento total de 74.616,81 €, financiados nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura en un 30% pola Comunidade Autónoma de Galicia.
A Deputación Provincial de A Coruña concedeu á Confraría de Pescadores de Mugardos unha subvención correspondente ao programa F0027A: “Convocatoria do Programa de Subvencións de fomento Pesqueiro Dirixido Ás Confrarías de Pescadores e Agrupacións de Mariscadoras da Provincia da Coruña para Actividades Durante o Ano 2025”.
Esta concesión, con Cod. Exp: 2024000047293, consta dun importe de 24.000 € que serán empregados para o mantemento dos postos de traballo das dúas administrativas coas que conta a entidade, que se encargarán de levar a cabo o principal obxectivo da subvención; levar a cabo unha mellora constante na comercialización de especies coas que actualmente traballa a confraría, así coma a búsqueda e apertura de novos mercados e axudas que poidan repercutir positivamente na produción.
,
,
O custo total do proxecto foi de 14.850 €, financiados ao 100% pola Comunidade Autónoma de Galicia.
O pasado 27 de maio levouse a cabo a execución do proxecto “Rexeneración da enseada de O Baño mediante o reforzo de zonas de especial interese para a cría de ameixa babosa” mediante o cal foron sementados un total de 580.000 xuvenís de ameixa babosa nun área de 9700 m2 ubicada na Praia de A Bestarruza. Previamente foi realizada unha remoción do terreo para mellorar a osixenación do substrato e facilitar o enterramento dos individuos.
Con este proxecto preténdese levar a cabo unha mellora da poboación da especie mediante o reforzo da zona de especia interese que é a Praia de A Bestarruza, a cal conta cunhas características de substrato e renovación de auga idóneas para o establecemento e crecemento da especie.
Este proxecto, ubicado ao abeiro da liña de subvencións “Axudas a proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables” (procedemento PE209B) tivo un orzamento de 10790 €, que foron financiados de forma conxunta polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) nun 70% e por fondos da Comunidade Autónoma de Galicia nun 30%.


A Deputación Provincial de A Coruña concedeu á Confraría de Pescadores de Mugardos unha subvención correspondente ao programa F0027A: “Convocatoria do Programa de Subvencións de fomento Pesqueiro Dirixido Ás Confrarías de Pescadores e Agrupacións de Mariscadoras da Provincia da Coruña para Actividades Durante o Ano 2024”.
Esta concesión, con Cod. Exp: 2024000018843, consta dun importe de 25.000 € que serán empregados para o mantemento dos postos de traballo das dúas administrativas coas que conta a entidade, que se encargarán de levar a cabo o principal obxectivo da subvención; levar a cabo unha mellora constante na comercialización de especies coas que actualmente traballa a confraría, así coma a búsqueda e apertura de novos mercados e axudas que poidan repercutir positivamente na produción.
La Diputación Provincial de A Coruña ha concedido a la Cofradía de Mugardos una subvención correspondiente al programa F0027A: Convocatoria del programa de subvenciones de fomento pesquero dirigido a las cofradías de pescadores y agrupaciones de mariscadoras y mariscadores de la provincia de A Coruña para actividades durante el año 2023.
Cód. Exp.: 2023000018160.
Importe: 19.000 €
Objetivo de la subvención: Mejora de la comercialización y producción y apertura a nuevos mercados.
El objetivo de esta ayuda es el mantenimiento de los puestos de trabajo de dos Administrativas para apertura de nuevos mercados y mejora de la comercialización de las especies ya comercializadas, así como encontrar salida para nuevas especies, con la utilización de las nuevas tecnologías y también la búsqueda de posibles ayudas que puedan repercutir en la mejora de la producción.
O día 28 de decembro foi aprobado o “Proxecto para a conservación e restauración dos recursos mariños vivos e os seus ecosistemas da confraría de Mugardos para os anos 2023-2024" (PE209P). A finalidade do mesmo é a de contribuir á recuperación e mantemento da saúde dos ecosistemas nos que se desenvolven os plans de explotación da entidade.
Esta concesión permitirá contratar a dous gardapescas para que leven a cabo un control das zonas xestionadas pola confraría e velen porque o marisco sexa extraído por persoal autorizado para facelo, ademáis de que se cumpran as medidas mínimas e topes de extracción establecidos para cada especie.
Por outra parte, tamén será posible seguir contando cunha asistencia técnica, a cal se encargará, entre outras tarefas, de realizar mostraxes nos bancos explotados para garantir unha extracción sostible e evaluar a saúde dos ecosistemas, ademáis de levar a cabo a elaboración e execución de proxectos, coma por exemplo tarefas de rexeneración no caso de ser necesario.
Para levar a cabo este proxecto, foi concedido un importe de 65.314,88 €, financiados nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura (FEMPA) en un 30% pola Comunidade Autónoma.







