Novas
AXUDAS A FAMILIARES DOS FALECIDOS NO MAR PARA O ANO 2024
No DOG Núm. 227 de Mércores, 29 de novembro de 2023, a CONSELLERÍA DO MAR publica a
ORDE do 16 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade para o ano 2024, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE113E).
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas destinadas a familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade para o ano 2024.
Artigo 12. Contía da axudas
As contías das axudas reguladas nesta orde son as seguintes:
a) Á viúva/o ou parella de feito da persoa falecida corresponderalle tres mil euros (3.000 €).
b) A cada unha das fillas/os menores de 21 anos corresponderalle mil euros (1.000 €).
Enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231129/AnuncioG0427-171123-0001_gl.pdf
CONCESION AXUDA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Coruña aprobou a CONCESIÓN DEFINITIVA DE SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA FO027A: CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORAS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2023.
Entre as entidades beneficiarias destas axudas figura a Confraría de Pescadores de Muros ca axuda que se indica:
Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS
NIF: G15038508
Cod. Exp.:2023000017276
Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS RECURSOS NON MARISQUEIROS.
Importe da subvención: 20.000,00€
Coeficiente: 0,8000
Presuposto Subvencionado que se ha xustificar 25.000,00€
XANTAR FIN DE CAMPAÑA D@S MARISCADOR@S DE A PÉ
A Agrupación de Mariscadores/as de a Pé da confraría de pescadores de Muros presidida por Adela Lestón Mayo, organizou como ven sendo habitual todos os anos este pasado sábado día 16 de setembro, a tradicional xuntanza anual “FIN DE CAMPAÑA”, coa celebración dun xantar en Casa Jurjo, onde participan, a máis dos profesionais da confraría de Muros, os compañeiros e compañeiras da confraría de Noia que este ano tiveron a oportunidade de mariscar nas nosas autorizacións.
Durante a sobremesa procedeuse a celebración dun acto moi emotivo, no cal se rendeu homenaxe as profesionais que se xubilaron neste ano, facéndolles entrega por parte das autoridades presentes dun recordo deste acto a cada unha delas.
Ademais de Patrón Maior Daniel Formoso e a Presidente da Agrupación Adela Lestón, tivemos a honra de contar coa participación do Conselleiro do Mar Alfonso Villares, da ex-conselleira e Deputada Nacional Rosa Quintana, da Directora Xeral de Desenvolvemento Susana Rodríguez, da Subdirectora Montse Castro e da Xefa Territorial María Cancelo, que departiron con todos os presentes amigablemente e en confraternidade.
Cabe resaltar tamén o recoñecemento e cariño recibido por parte da ex-conselleira Rosa Quintana por parte de todos os asistentes, e a emoción que xurdiu cando tomou a palabra para dirixirse os/as profesionais e despedirse da súa actividade na Consellería do Mar.
O compañeirismo e a diversión e ledicia estivo presente durante toda a xornada, non en van, este é o motivo fundamental da celebración desta xantar de confraternización, salvo para aljunhas, contadiñas, que non están a iso............unha pena!
PROXECTO COLECTIVO PARA A PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DA BIODIVERSIDADE DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS NO MARCO DE ACTIVIDADES PESQUEIRAS SUSTENTABLES MEDIANTE A RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS
PLAN MARLIMPO -- CONSELLERÍA DO MAR DA XUNTA DE GALICIA
Proxecto cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)
A Confraría de Pescadores de Muros, ten o pracer de convidarvos á Xornada de presentación de resultados do “PROXECTO CONXUNTO DE RECOLLIDA DE LIXO MARIÑO CONFRARÍAS DE MUROS E O PINDO” 2022-2023. Iniciativa enmarcada no Plan MarLimpo- Mar Vivo da Consellería do Mar da Xunta de Galicia para proxectos colectivos para a Protección a Recuperación da Biodiversidade dos Ecosistemas Mariños no Marco de Actividades Pesqueiras Sustentables Mediante a Recollida de Residuos Mariños. A xornada celebrarase o día 1 de setembro de 2023 en horario de 18:00 h a 19:00 h na antiga Fábrica de SelPor temas de aforo é preciso inscribirse enviando un correo a ardora@ardoraformacion.com antes do 29/08/2023
AVISO DE ZONAS DE SEGURIDADE
Tal e como se pode comprobar no plano que achegamos, sinalamos a zona de seguridade para o lanzamento dos fogos de artificio nas datas do 29 de xuño e 16 de xullo ás 12:00 horas respectivamente.
Por conseguinte, eses dous pantaláns deben obrigatoriamente quedar libres de embarcacións antes da hora indicada eses días.
Para evitar problemas non desexados por todos, rogamos se teñe en consideración este aviso e se cumpra o mesmo.
Saúdos e felices festas a todos!
INICIO DA CAMPAÑA MARISQUEIRA DE A FROTE PARA LIBRE MARISQUEO
A partir do próximo Luns DÍA 26 e ata o 28 de XUÑO, realizarase a CAMPAÑA MARISQUEIRA para os profesionais de MARISQUEO A FROTE, dentro das zonas de LIBRE MARISQUEO, consonte se sinala no plano que achegamos.
INDICAR que esto sólo atinxe a estes días 26, 27 e 28 de xuño, para logo a partir do día e de XULLO publicar novas NORMAS.
OBRAS DE PINTADO DO PORTO DE MUROS.
Comunicamos que Portos de Galicia vai realizar obras de pintado de toda a zona portuaria. Por conseguinte, para levar a cabo as mesmas é imprescindible ir acotando as diferentes zonas en función dos traballos e días que se van realizando. Visto o cal, achegamos un plano onde se definen as datas e zonas a pintar e acotar cada día, e que hai que ter en conta para non ser utilizadas nin estar permitido o estacionamento.