Proxectos
CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS
OBRADOIRO INFANTIL DE FORMACIÓN, LIMPEZA E ARTESANÍA CON REFUGALLOS MARIÑOS (IMPARTIDO POR ASOCIACIÓN “MAR DE FÁBULA”)
VENRES 27 DE AGOSTO DE 2021 EN HORARIO DE MAÑAN, PARA MÁIS INFORMACIÓN CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS, TELÉFONOS 981826143 – 98826143
PARA PARTICIPAR NA ACTIVIDADE E NECESARIA INSCRIBIRSE PREVIAMENTE, CON DATA LIMITE ATA O 26 DE AGOSTO AS 14:00 HORAS
ACTIVIDADE FINANCIADA CON FONDOS FEM, SEGUNDO A ORDE DO 5 DE XANEIRO DE 2022, POLO QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS XERAIS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A PROXECTOS COLECTIVOS PARA A CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS NO MARCO DE ACTIVIDADES MARISQUEIRAS SUSTENTABLES
RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DO MAR POLA QUE SE CONCEDE UNHA AXUDA AO ABEIRO DAS ESTRATEXIAS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO AO PROXECTO “APLICACIÓN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS Ó SECTOR DO MARISQUEO NA RÍA DE NOIA” (GALP4-095) PRESENTADO POLA CONFRARÍA DE PESCADORES SAN BARTOLOMÉ DE NOIA, CON NIF G15030844, CONFRARÍA DE PESCADORES SAN TELMO DE PORTO DO SON, CON NIF G15034945, CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ADRÉS DE PORTOSÍN, CON NIF G15034887 E A CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS, CON NIF G15038508.
RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO DE CONVOCATORIA DE AXUDAS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA
Expediente: PE209C-2020F-018
Ao abeiro da ORDE de 23 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental, a Conselleira do Mar,
RESOLVO
CONCEDER unha axuda, financiada polo FEMP, para a realización de proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, á entidade e cos detalles que se indican á continuación
|
Importe privado: 0.00 |
|
Importe público CA (25%): 20.500,50 EUR |
|
61.501,50 EUR |
|
Importe público FEMP (75%): |
|
75% |
|
82.002,00 EUR |
|
de |
|
40.440,00 EUR |
|
Anualidade 2021: Porcentaxe cofinanciación |
|
Anualidade 2020: 41.562,00 EUR |
|
82.002,00 EUR |
|
Importe total concedido: Importe subvencionable: |
|
Provincia: A Coruña |
|
Muros |
|
Ubicación: |
|
“Proxecto integral de xestión sustentable e conservación e protección das zonas de pesca e de produción marisqueira” |
|
Denominación proxecto: |
|
Nif: G15038508 |
|
Confraría de pescadores de Muros |
|
Entidade beneficiaria: |
|
Proxecto colectivo |
|
PE209C-2020F-018 |
|
Expediente: |
ITI (Contribúe aos obxectivos da ITI Azul para o desenvolvemento da estratexia Atlántica por recibir contribución do FEMP polo/s seguinte/s artigo/s: Art. 40.1.c) e Art. 40.1.i) do Regulamento (UE) 508/2014 do FEMP
Obxecto da operación:
a) Elaboración e seguimento dos plans de co-xestión de recursos mariños vivos. Avaliación do estado de conservación e da biodiversidade, nos paraxes de Natura 2000, nas zonas mariñas protexidas e nos hábitats costeiros de
importancia para os organismos mariños.
- Optimización e seguimento dunha correcta xestión dos recursos biolóxicos mariños. Análise dos descritores definidos na Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña. Cartografado dos hábitats e das especies, especialmente das exóticas invasoras. Seguimento e vixilancia dos hábitats e das especies. Cartografado da actividade extractiva realizada polos socios da entidade. Seguimento de indicadores de abundancia, da composición específica das capturas e da súa estrutura de tamaños.
- Formación dos pescadores- as orientada a adquirir novas competencias vinculadas a unha mellor xestión e conservación dos recursos mariños vivos e dos ecosistemas en que viven.
- Aumento da sensibilización ambiental coa participación directa dos pescadores-as, podendo incluír campañas de divulgación.
- Contribución á vixilancia epidemiolóxica: envío de mostras ao Intecmar para coñecer o estado sanitario das augas e especies marisqueiras.
- Operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies, que se levarán a cabo establecendo condicións de acceso ás zonas de pesca.
Ao abeiro da Orde do 23 de decembro do 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2020 para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75 % e tramitada como expediente anticipado de gasto, a confraría de Pescadores de Muros foi concesionaria dunha axuda por importe de 18.426,00 € destinados ao proxecto de MELLORA DA ILUMINACIÓN DA LONXA DE MUROS.
A Cofradía de pescadores de Muros contaba cunha instalación consistente nunha nave de tipo industrial, construída mediante estrutura prefabricada de formigón e cuberta de estrutura metálica, dispón de tódolos servizos necesarios para o desenrolo da actividade propia da lonxa. Dispón dunha superficie construída de aproximadamente 1.100m2.
O proxecto obxecto da presente memoria consisteu no reemplazamento da iluminación existente consistente en pantallas estancas e campanas halógenas por iluminación de tipo LED co cal se consigue unha maior eficiencia enerxética da instalación de iluminación.