Cotizacións e estatísticas
Accede aos principais indicadores do sector: volume de vendas, lonxas activas, provedores en funcionamento, etc.
VerDispoñibilidade de produtos
Atopa onde e en que cantidades está dispoñible o marisco e o peixe que buscas.
VerLonxas e poxas
Obtén máis información sobre os produtos dispoñibles e vendidos nas lonxas participantes.
VerConsulta en tempo real cotizacións, dispoñibilidade e estatísticas do sector pesqueiro, todo nun só clic.
Aquí atoparás información actualizada sobre os prezos, a dispoñibilidade e os volumes de venda dos produtos do mar das nosas lonxas.
Esquécete de desprazamentos innecesarios e optimiza o teu tempo: consulta antes de moverte e atopa a lonxa que ten exactamente o que buscas.
Ademais, accede a cotizacións e estatísticas, descubre as últimas novidades do sector e mantente sempre informado cun só clic.
Se xa es usuario do proxecto, poderás acceder dende aquí para consultar a túa información, incluíndo datos de compras, vendas, albaráns, facturas e moito máis.
Compra con intelixencia. Consulta antes de desprazarte. Tí escolles, poxas presenciais ou en liña
Mide o mercado, toma as mellores decisións: pesca en tempo real.
Dende aquí, poderás acceder á información máis actualizada sobre o mercado pesqueiro en Galicia, consultando tanto os principais indicadores de vendas nas lonxas como as cotizacións diarias dos produtos pesqueiros frescos.
A través de ferramentas interactivas, poderás personalizar os datos que máis che interesen, elixindo entre diferentes filtros e indicadores para visualizar as cifras en formato tabular ou gráfico.
Con esta información, poderás tomar decisións informadas e en tempo real, adaptándote á dinámica do mercado pesqueiro galego.