O Proxecto Lonxas Galegas 4.0
Unha modernización integral do sector pesqueiro
Lonxas Galegas 4.0 é unha solución dixital avanzada que impulsa a transformación das lonxas e confrarías de Galicia.
Baseada na nube e integrada con tecnoloxías innovadoras, a plataforma mellora os procesos de comercialización e xestión, garantindo unha maior eficiencia, transparencia e accesibilidade para todos os axentes do sector.
Para que serve?
ACCESO CENTRALIZADO Á INFORMACIÓN
Cotizacións en tempo real, volumes de venda e dispoñibilidade dos produtos en cada lonxa participante.
OPTIMIZACIÓN DOS PROCESOS DE COMPRA
Os compradores poden consultar previamente onde atopar os produtos que precisan, evitando desprazamentos innecesarios.
MÁIS TRANSPARENCIA E EFICIENCIA
Poxas dixitais, indicadores en tempo real e integración con sistemas administrativos permiten unha mellor xestión.
As cifras máis destacadas do proxecto
Datos clave que reflicten a evolución e o impacto desta iniciativa no sector pesqueiro galego.
participantes
adheridas
As cifras máis destacadas do proxecto
Datos clave que reflicten a evolución e o impacto desta iniciativa no sector pesqueiro galego.
Beneficios clave
Dixitalización e automatización da compra con maior trazabilidade e acceso á información en tempo real.
Modernización dos procesos de xestión, maior visibilidade dos seus produtos e ampliación dos clientes potenciais.
Mellora do control do sector e garantía na xestión dos procesos.
O proxecto está en constante crecemento, con novas lonxas e confrarías sumándose á plataforma.
Ademais, prevese a implementación de lonxas virtuais, novas estratexias de comercialización e adaptación continua ás normativas fiscais e tecnolóxicas do sector.
Para acceder á oferta das lonxas participantes, o primeiro paso é contactar cunha lonxa do proxecto. Despois de verificar a túa identidade, recibirás a confirmación de acceso.
Dentro da plataforma, poderás consultar en tempo real a dispoñibilidade de produtos, filtrando por lonxa, especie, volume ou prezo, para atopar exactamente o que buscas. Tamén terás acceso ás poxas, tanto presenciais como online, onde poderás realizar as túas ofertas de maneira segura e transparente.
Logo de realizar a compra, poderás xestionar toda a documentación asociada, como albaráns e facturas, así como efectuar os pagamentos e organizar a loxística de entrega.
Se precisas máis información ou asistencia, podes contactar co noso equipo a través do dirección de correo electrónico do proxecto.
Forma parte desta transformación e optimiza as túas compras no sector pesqueiro!