Rianxo
Horarios da lonxa:
- A apertura é as 9:00h, permanecendo aberta durante o día ata o final das poxas.
Horarios da confraría:
- De 09:00h a 15:00h
A Confraría de Pescadores "Virxe do Carme de Rianxo" da provincia da Coruña, en adiante Confraría, é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, dotada de personalidade xurídica e capacidade de obrar para o cumprimento dos fins e exercicio das funcións que lle son encomendadas, que actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro e representa os intereses económicos e corporativos dos profesionais do sector, sen prexuízo da representación das organizacións patronais e dos traballadores pesqueiros, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.
O seu ámbito territorial abrangue desde a Punta da Pedra Rubía no Concello de Abanqueiro-Boiro (A Coruña) ata Pontecesures no Concello de Padrón.
A Confraría ten o seu domicilio social na Rúa do Peirao, s/n no municipio de Rianxo (A Coruña), podendo acordar o cambio de domicilio dentro do seu ámbito territorial, informando á xunta xeral e ao ministerio responsable de pesca.
Quero ver outras lonxas