Cangas
Horarios da lonxa:
- De luns a xoves de 10:00h a 18:00h horas
- Os venres de 10:00h a 17:00h
Horarios da cofradia:
- De luns a venres de: 08:00 a 15:00h. (Atención ó público de 10:00h a 13:00h)
A Confraría de Pescadores “SAN XOSÉ” de Cangas é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e actúa á vez como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.
A Confraría de Pescadores “SAN XOSÉ” de Cangas ten unha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.
Historia da Confraría: No ano 1900 aparece a primeira referencia á existencia dunha asociación de mariñeiros no concello de Cangas, inaugurándose no ano 1930 a Casa do Pescador na localidade de Cangas. O 9 de xullo de 1944 créase a Confraría de Cangas e o 20 de abril de 1946 fusiónanse as confrarías de Darbo e Cangas, constituíndo a actual Confraría de Pescadores "San Xosé" de Cangas.
Esta confraría foi constituída coa finalidade de promover a defensa común dos empresarios, profesionais e demais operadores que realizasen a súa actividade empresarial e profesional no mundo do mar, en actividades como a pesca, o marisqueo ou a acuicultura.
Ámbito Territorial: O ámbito territorial da Confraría de Pescadores "San Xosé" de Cangas abrangue desde Punta Canaval (límite costeiro co municipio de Moaña) ata Punta Couso (límite co ámbito territorial da Confraría de Aldán).
Avenida de Bueu, s/n, 36940 Cangas (Pontevedra) Tlf. 986300165 info@cofradiadecangas.org
Quero ver outras lonxas