O FUTURO DAS LONXAS GALEGAS É DIXITAL

Confraría de Pescadores San Martiño de Moaña Confraría de Pescadores San Martiño de Moaña
I023

Moaña

Horarios da lonxa:

  • De 9:00h a 17:00h.
  • Subasta: 15:45h a 17:00h na lonxa do marisco de Vigo.

Horarios da cofradia:

  • De 09:00h a 13:30h
Poxa presencial

A Confraría de Pescadores de San Martín de Moaña, que data  do ano 1921, é a entidade responsable da xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros da localidade pontevedresa de Moaña, cuxa longa tradición e amplo patrimonio, dan testemuña da súa forte vinculación histórica co mar. Somos unha corporación de dereito público e sen ánimo de lucro, dotada de personalidade xurídica e capacidade de obrar, para cumprir os seus fins e realizar as funcións que lle son encomendadas, actuando como órgano de consulta e colaboración coa administración, traballando na promoción do sector e na defensa dos seus intereses económicos, sociais e corporativo do sector do mar de acordo cos principios de legalidade, transparencia contable e democracia, na súa estrutura interna e funcionamento.

Entre os numerosos produtos comercializados pola Confraría na lonxa atópanse: ameixa rubia, ameixa babosa, ameixa xaponesa, ameixa fina, berberecho, carneiro, ameixón, cornicha, navalla e longueirón vello.

Rua Concepcion Arenal s/n, 36950 Moaña (Pontevedra)
Tlf. 986310309
cofradia@cofradiamoana.org

Quero ver outras lonxas

Back to top